Os Encontros de Cinema de Viana do Castelo, que entre o 10 e o 15 de maio celebran a súa décimo sexta edición, inclúen por quinta vez dentro da súa programación a Conferencia Internacional de Cinema. Nada como espazo de diálogo, discusión e debate das principais cuestións que atinxen ao cinema, A Conferencia Internacional de Cinema de Viana ten como principais obxectivos:
-Promover o confronto de olhares entre estudos e experiencias vividas em projetos que envolvam o cinema e as suas múltiplas formas de manifestaçao.E na súa quinta edición establece a súa área de traballo en duas temáticas centrais do cinema: Cinema e escola e Cinema, arte, ciência e cultura. O seu desenvolvemento levarase a cabo no decurso das xornadas do 12 e o 13 do mes citado, nas que terá lugar a presentación de comunicacións diversas, principalmente de Portugal, Brasil e España, que se alongarán nun tempo de coloquio e debate. Os seus organizadores, a Associação de Produção e Animação Audiovisual, Ao Norte, en cooperación coa Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, o CEMRI-Laboratório de Antropologia da Universidade Aberta e a Câmara Municipal de Viana do Castelo, agardan unha notable participación e anuncian que as persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través do seguinte enlace, antes do 31 deste mes.
-Apreender o complexo processo de mudanza na linguagem do cinema, nas tecnologías, na economia, nos objetos que aborda, nas histórias que conta, nos varios géneros que apresenta.
-Problematizar os temas da sociedade, da cultura e da interculturalidade a partir do estudo e análise das obras cinematográficas.
-Refletir sobre as posibilidades educativas do cinema na escola e na sociedade a partir da sua apropiação / fruição, análise e produção em contextos de formação ou de animação (social, cultural e artística).