por Miguel Castelo
La chambre vide / O cuarto baleiro, de Jasna Krajinovic, Cidade Pequena, de
Diogo Costa Amarante, e Tarrafal, de Pedro Neves, veñen de obter o
Premio Jean Loup Passek ao mellor filme nas modalidades de longametraxe
e curtametraxe internacional e longametraxe portuguesa, respectivamente, no encontro cinematográfico Filmes do Homem que,
organizado pola Associação de Produção e Animação Audiovisual AO NORTE, co obxectivo de “promover e divulgar o cinema
etnográfico e social, refletir sobre identidade, memória e fronteira e
contribuir para um arquivo audiovisual sobre a regiao”, tivo lugar,
entre os días 1 e 6 do presente mes de agosto, na vila portuguesa de
Melgaço. A infelicidade familiar orixinada pola morte dun fillo na
guerra de Siria, os sentimentos e a memoria familiar através dunha
ollada adolescente e un retrato do bairro portuense de São João de Deus conformado pola evocación dos seus habitantes constitúen os temas
abordados polos seus autores.
O xurado composto
polo cineclubista André de Oliveira e Sousa (Porto), as realizadoras
Graça Castanheira (Angola) e Iris Zaki (Israel), o produtor e
realizador Rodrigo Areias (Guimarães) e o xornalista e programador
brasileiro Sérgio Rizzo (Brasil), decidiu premiar estas pezas de entre
todas as presentadas (quince e nove, respectivamente) pola súa
“temática atual e relevante, retratando uma ausência dolorosa;
narrativamente, a realizadora foi capaz de intercalar as esferas do
público e do privado, da mesma forma que conjuga a palavra com momentos
de silêncio, que deixam espaço ao espectador para respirar e refletir”;
por se tratar de “um filme peculiar que desafia a fronteira entre
documental e ficção, refletindo sobre a infância e a morte... ; as
dimensões sonoras e visuais são conjugadas através de uma montagem
poética que contribui para um ambiente imersivo que envolve o
espectador” e por presentar “o retrato de uma memória geográfica e
afetiva através das ruínas de um lugar, de se aproximar das pessoas e de
despertar as memórias e a nostalgia de um passado, revelando a
identidade de uma comunidade desagregada”.
E, alén desta
decisión, coa que non concordou unha boa parte dos asistentes que
seguiron en proximidade o encontro cinematográfico, cómpre facer mención
a tres grandes filmes que fixeron parte da sección de concurso: Rosas de Ermera, de Luís Filipe Rocha, Terceiro andar, de Luciana Fina e A
ilha dos ausentes, de José Vieira. Tres grandes filmes portugueses, nos
que, ademais da concorrencia dalgúns elementos comúns, participan da
singularidade de estaren tocados polo alento máxico e sublime da poesía,
grandeza pouco estimada nestes tempos de urxencia.
Cinema, narrativas, lugares de memoria
O
anual encontro melgaçense, que non limita a súa programación estritamente a unha sección competitiva de filmes, realizou unha
completa oferta de actividades relacionadas co universo audiovisual de
sumo interese. Baixo o lema “Cinema, narrativas, lugares de memoria”, o
curso de verán Fora de Campo levou a cabo catro obradoiros (a norma
portuguesa emprega a expresión saxona “workshop”) que contaron coa
presenza de numerosos participantes: Álvaro Domingues, da Facultade de
Arquitectura da Universidade do Porto, estruturou o seu co título A
minha casa é o meu mundo, Manuela Matos Monteiro e João Lafuente, de
Espaço MIRA e MIRA Fórum, trataron dos Lugares de memoria: a(s) casa(s)
(um lugar imaginado?), Alice Fátima Martins, da Faculdade de Artes
Visuais da Universidade Federal de Goiás, João Martins, de Visões Úteis
(Porto), Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE-IPP) e
Academia Contemporânea do Espectáculo (ACE), José da Silva Ribeiro, da
Universidade Federal de Goiás, CEMRI – Media e Mediações Culturais,
Universidade Aberta, e o Grupo de Estudos de Cinema e Narrativas
Digitais da AO NORTE, e Sérgio Rizzo, da Fundação Armando Álvares
Penteado (FAAP) e a Academia Internacional de Cinema, abordaron o tema
Cinema e narrativas digitais-Narrativa na primeira Pessoa (prática de
campo), e Educação-Cinema, narrativas e lugares de memória foron as
cuestións sobre as que versaron Isa Catarina Mateus, Coordenadora da
Comissão de Formação do Cineclube de Faro e Graça Lobo, Coordenadora do
Programa Juventude, Cinema, Escola da Direção Geral dos Estabelecimentos
Escolares do Algarve.
Plano Frontal
A habitual
residencia para estudantes Plano Frontal, que dirixe Pedro Sena Nunes,
presentou os proxectos fotográficos e catro documentais elaborados na
pasada edición: A maldição, de Nuno Escudeiro, Pena d´anamão, de Ricardo
Dias, Os estrangeiros, de Rita Al Cunha, e Águas profundas, de
Josephine Van Grinsven.
Baixo o nome de Kino Meeting celebrouse
este ano o Encontro Internacional de Serviços Educativos de Cinema, onde
confrontaron as súas ideas sobre o tema as Cinematecas Alemá e
Portuguesa, o Museu Nacional de Cinema Italiano, a Filmoteca da
Cataluña, os Cineclubes de Viseu e Faro, a Casa Museu de Vilar e o
Festival de Cinema de Animação Cinanima, de Espinho.
Así
mesmo, Filmes do Homem acolleu por primeira vez os Encontros Arraianos
de Cinema que este ano celebraron a súa terceira edición, “iniciativa
que pretende fomentar a criação de redes de colaboração entre Cineclubes
e Festivais de Cinema da raia Portugal/Espanha, promover e divulgar o
cinema raiano e estimular o diálogo cultural e institucional entre
fronteiras.”
E, como vén sendo habitual, tiveron lugar
sesións ao aire libre nas freguesías de Cristóval, Castro Laboreiro e
Alvaredo, e nas localidades galegas de Arbo e Padrenda.
Proxeccións especiais
As
proxeccións especiais de Tukke´b teere ba (España, 2017), de Dani
Millán, The valley of salt (Suiza, 2016), de Christophe Saber, Maria sem
pecado (Portugal, 2016), de Mário Macedo, Le deuxième nuit (Bélxica,
2016), de Eric Pauwels, Grab and rum (Alemaña-España, 2016), de Roser
Corella, Fronteiras (Galicia, 2007), de Rubén Pardiñas (no auditorio de
Lamas de Mouro), co complemento da mesa redonda integrada polo propio
realizador e Aser Álvarez, Albertino Gonçálves e António Medeiros,
Cidade pequena (Portugal, 2016), de Diogo Costa Amarante, Manodopera
(Francia-Grecia, 2016), de Loukianos Moshonas, Hidden Photos, (Italia,
2016), de Davide Grotta; as exposicións fotográficas Festa, de João
Gigante, e Encontro, de Diogo Santos, e a aloxada no museo Jean Loup
Passek sobre A Idade de Ouro do Cartaz de Cinema Polaco, comisariada
por Bernard Despomadères, responsable cultural do Consulado de Francia
no Porto e exdirector da Alliance Française do Porto, completaron, coa
presentación por Aser Álvarez do libro Arraiano entre os arraianos, de
Xosé Luis Méndez Ferrín, a oferta desta cuarta edición do Filmes do
Homem, Festival Internacional de Documentario de Melgaço, á que puxo o
punto final no histórico espazo da Torre de Menagem a proxección de
Castro Laboreiro (Portugal, 1979), de Ricardo Costa, que contou coa
presentación do profesor Álvaro Campélo, da Universidade Fernando
Pessoa. Unha edición na que os seus organizadores fixeron expreso o
desexo de establecer unhas cada vez máis estreitas relacións con
Galicia.
Amosando publicacións coa etiqueta Filmes do Homem b>. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de agosto de 2017
martes, 23 de agosto de 2016
Filmes do Homem: filmes, comunicacións, proxectos e prácticas
por Miguel Castelo
Sostido nos seus principais esteos -Fora de Campo e Plano Frontal-, Filmes do Homem puxo en escena a edición do 2016 do seu Festival Internacional de Documentário, facendo de Melgaço durante cinco días a capital cinematográfica do norte portugués.
Identidade, memoria e fronteira foron os temas habituais arredor dos que viraron tanto os filmes participantes como as actividades todas que fixeron parte da programación deste ano.
Interacción estimulante
O espazo Fora de Campo acolleu as intervencións de Andreia Alves de Oliveira, “Um lugar chamado diáspora”; de Álvaro Domínguez, “Identidade –Para que serve?”, e de José da Silva Ribeiro, coordenador xeral desta sección, “Etnografias Audiovisuais Participativas”, comunicacións que conviviron cos exercicios de campo “O real imaginado” e “Cartografías sonoras colaborativas”, consistentes en recollidas de imaxes fotográficas e fragmentos sonoros, experiencias propostas, respectivamente, por Manuela Matos Monteiro e João Martins, que levaron aos diversos participantes a se deslocar por diferentes lugares da vila ante a ollada compracente e a actitude colaboradora dos seus habitantes, nalgúns casos directamente implicados na execución destas prácticas. No marco desta multidisciplinar e estimulante interacción, as presentacións dos proxectos en curso “Aldeias do Mar, Cultura da Vida”, da Asociação Ao Norte, por Daniel Maciel, e os galegos “Proxecto Socheo: tecendo a memoria de A Guarda”, por Beli Martínez, “Fálame de San Sadurniño”, por Carmen Suárez Nieto, e “Videocartografiar o espazo rural”, por Manuel González Álvarez, todos accesibles na Rede, completaron o programa desta sección.
Exposicións fotográficas: comercio e emigración
A Casa da Cultura, centro neurálxico do festival, acolleu así mesmo dúas exposicións fotográficas de interese: “Commercio”, de João Gigante, un percorrido diverso polo mundo do comercio na vila melgacense e a súa contorna, en palabras do seu autor “são fotografias que descrevem um espaço e a sua história, mais também uma revelação de quen o construiu e o mantém aberto”; e “Um lugar chamado diáspora”, na que Andreia Alves de Oliveira, fotógrafa vianense residente en Londres hai arredor de dez anos, presenta unha serie de retratos de persoas e espazos binariamente vinculados -o individuo e un emprazamento da súa circunstancia vital-, aos que se suman breves textos, recensión de longas entrevistas realizadas pola autora aos diversos fotografados, nas que se tenta dar resposta ás dúas cuestións -Porque emigramos? O que diz a emigração sobre nós?- nas que se sustenta o sentido conceptual da proposta.
Na procura de novos valores
Plano Frontal, na súa dobre modalidade, cinematográfica e fotográfica, volveu seleccionar catro equipos de tres integrantes (realizador, operador de cámara e operador de son) para acometer a rodaxe de senllos documentais que, relacionados con cuestións sociais, individuais, culturais ou de identidade, lle foron tematicamente propostos e orientados na súa realización por un titor e loxisticamente apoiados por un equipo de catro profesionais. Na fotográfica, tres xoves abordaron o seu labor sobre temas locais, igualmente propostos pola organización. Como é preceptivo, o resultado do seu traballo, en ambas modalidades, farase público na seguinte edición, entre tanto o realizado na edición do 2015 fíxose nesta.
Os filmes elixidos
Trece filmes de
diversas metraxes, procedentes de oito países -Irán, Brasil, Portugal,
Polonia, África do Sul, España, Reino Unido e Alemaña- optaron aos
premios Jean-Loup Passek. O xuri, presidido por Manuela Penafria e
integrado polos tamén portugueses Margarida Cardoso e Tiago Afonso, o
brasileiro Renato Amran e o galego Xurxo Chirro, decidiu conceder o
galardón á Melhor Longa_Metragem Internacional a Behemoth
(China-Franza), de Zhao Liang, retrato épico sobre a dureza das
condicións de traballo en paraxes en transformación, en terras de
Mongolia, produto das máis desapiadadas formas de explotación do
capitalismo, “pela relevância do tema e pelo registo estético e ético
onde a narrativa e apresentação de uma problemática social assenta nas
qualidades formais de imagens, som e montagem. Nesse sentido, o filme
coloca a arte numa relação direta não apenas com a vida tal qual ela é
mas, sobretudo, com a sua transformação a partir de valores que
dignificam o ser humano”; o premio á Melhor Curta ou Média-Metragem
Internacional (neste caso curta) a Women in Sink (Reino Unido-Israel),
de Iris Zaki, enxeñosa utilización dun salón de perruquería feminina en
Israel para suscitar conversas coas clientas, tanto xudeas como árabes,
sobre temas diversos de ambas culturas, “pelo interesse da temática,
pela forte dinâmica das narrativas pessoais envolvidas no conjunto do
filme e pela interação estabelecida entre a equipa de realização e as
mulheres entrevistadas”; e o premio ao Melhor Documentário Português a A toca do lobo, de Catarina Mourão, minucioso e paciente achegamento en
primeira persoa da realizadora a certos entretecidos e enigmas da súa
familia, pertencente á burguesía ilustrada, no decurso de tres
xeracións, “pela forma como nos revela, através dos diálogos entre os
personagens, elementos humanos da biografia de um escritor português,
pela beleza da narrativa, pelas qualidades formais de som, imagem e
montagem”.
Ouros filmes foron proxectados, alén da Casa da Cultura, en diversos lugares da contorna da vila de Melgaço. Así, as freguesias de Penso e Cristóval e os concellos galegos de Padrenda e Arbo puideron participar tamén dos Filmes do Homem.
Imaxes, do cinema e da vida, para o recordo
A esplanada da Torre da Homenagem, núcleo do centro histórico da vila, axuntou por derradeira vez ao público desta edición do Filmes do Homem, na súa sesión de clausura. Alí, mergullados na escuridade dunha noite espléndida, puidemos asistir á proxección en pantalla xigante do desenvolvemento das anuais actividades, laborais, relixiosas e festivas, dos escasos habitantes de Uz, aldea de Tras-Os-Montes, no norte portugués, coas que o xoven realizador lisboeta, João Pedro Plácido, constrúe a súa primeira longamentraxe, Volta á Terra, filme poético, paciente e delicado, non exento de dureza, onde o humor e a ternura conviven con proverbial mestría.
Con anterioridade, no decurso desta xornada, as habituais visitas a Lamas de Mouro, na freguesia de Castro Laboreiro, en cuxo auditorio nesta ocasión se proxectou Os olhos de André, reconstrución cinematográfica de situacións diversas da vida dunha familia numerosa, realizada por António Borges Correia -cuxa torpeza narrativa e ton edulcorado foi posteriormente superado pola alongada e compracente comparecencia física dos membros todos da familia protagonista-, e aos museus “Memória e Fronteria”, onde o seu director, Albertino Gonçalves, contou anécdotas e revelou pequenos segredos dos códigos do mundo do contrabando, e “Jean Loup Passek”, no presente ocupado por unha pequena antoloxía dedicada ao cinema silente, serviron para achegar os participantes nestes encontros do cinema e a comunicación, nomeadamente aos estranxeiros e provenientes dos máis afastados lugares do mundo, a estas peculiaridades, verdadeiros emblemas dunha vila, Melgaço, que aposta decididamente polo cinema e a expresión audiovisual.
no arquivo: crónica do Filmes do Homem 2015
Sostido nos seus principais esteos -Fora de Campo e Plano Frontal-, Filmes do Homem puxo en escena a edición do 2016 do seu Festival Internacional de Documentário, facendo de Melgaço durante cinco días a capital cinematográfica do norte portugués.
Identidade, memoria e fronteira foron os temas habituais arredor dos que viraron tanto os filmes participantes como as actividades todas que fixeron parte da programación deste ano.
Interacción estimulanteO espazo Fora de Campo acolleu as intervencións de Andreia Alves de Oliveira, “Um lugar chamado diáspora”; de Álvaro Domínguez, “Identidade –Para que serve?”, e de José da Silva Ribeiro, coordenador xeral desta sección, “Etnografias Audiovisuais Participativas”, comunicacións que conviviron cos exercicios de campo “O real imaginado” e “Cartografías sonoras colaborativas”, consistentes en recollidas de imaxes fotográficas e fragmentos sonoros, experiencias propostas, respectivamente, por Manuela Matos Monteiro e João Martins, que levaron aos diversos participantes a se deslocar por diferentes lugares da vila ante a ollada compracente e a actitude colaboradora dos seus habitantes, nalgúns casos directamente implicados na execución destas prácticas. No marco desta multidisciplinar e estimulante interacción, as presentacións dos proxectos en curso “Aldeias do Mar, Cultura da Vida”, da Asociação Ao Norte, por Daniel Maciel, e os galegos “Proxecto Socheo: tecendo a memoria de A Guarda”, por Beli Martínez, “Fálame de San Sadurniño”, por Carmen Suárez Nieto, e “Videocartografiar o espazo rural”, por Manuel González Álvarez, todos accesibles na Rede, completaron o programa desta sección.
Exposicións fotográficas: comercio e emigración
A Casa da Cultura, centro neurálxico do festival, acolleu así mesmo dúas exposicións fotográficas de interese: “Commercio”, de João Gigante, un percorrido diverso polo mundo do comercio na vila melgacense e a súa contorna, en palabras do seu autor “são fotografias que descrevem um espaço e a sua história, mais também uma revelação de quen o construiu e o mantém aberto”; e “Um lugar chamado diáspora”, na que Andreia Alves de Oliveira, fotógrafa vianense residente en Londres hai arredor de dez anos, presenta unha serie de retratos de persoas e espazos binariamente vinculados -o individuo e un emprazamento da súa circunstancia vital-, aos que se suman breves textos, recensión de longas entrevistas realizadas pola autora aos diversos fotografados, nas que se tenta dar resposta ás dúas cuestións -Porque emigramos? O que diz a emigração sobre nós?- nas que se sustenta o sentido conceptual da proposta.
Na procura de novos valores
Plano Frontal, na súa dobre modalidade, cinematográfica e fotográfica, volveu seleccionar catro equipos de tres integrantes (realizador, operador de cámara e operador de son) para acometer a rodaxe de senllos documentais que, relacionados con cuestións sociais, individuais, culturais ou de identidade, lle foron tematicamente propostos e orientados na súa realización por un titor e loxisticamente apoiados por un equipo de catro profesionais. Na fotográfica, tres xoves abordaron o seu labor sobre temas locais, igualmente propostos pola organización. Como é preceptivo, o resultado do seu traballo, en ambas modalidades, farase público na seguinte edición, entre tanto o realizado na edición do 2015 fíxose nesta.
Os filmes elixidos
![]() |
| A toca do lobo (Catarina Mourão, 2015) |
Ouros filmes foron proxectados, alén da Casa da Cultura, en diversos lugares da contorna da vila de Melgaço. Así, as freguesias de Penso e Cristóval e os concellos galegos de Padrenda e Arbo puideron participar tamén dos Filmes do Homem.
Imaxes, do cinema e da vida, para o recordo
A esplanada da Torre da Homenagem, núcleo do centro histórico da vila, axuntou por derradeira vez ao público desta edición do Filmes do Homem, na súa sesión de clausura. Alí, mergullados na escuridade dunha noite espléndida, puidemos asistir á proxección en pantalla xigante do desenvolvemento das anuais actividades, laborais, relixiosas e festivas, dos escasos habitantes de Uz, aldea de Tras-Os-Montes, no norte portugués, coas que o xoven realizador lisboeta, João Pedro Plácido, constrúe a súa primeira longamentraxe, Volta á Terra, filme poético, paciente e delicado, non exento de dureza, onde o humor e a ternura conviven con proverbial mestría.
Con anterioridade, no decurso desta xornada, as habituais visitas a Lamas de Mouro, na freguesia de Castro Laboreiro, en cuxo auditorio nesta ocasión se proxectou Os olhos de André, reconstrución cinematográfica de situacións diversas da vida dunha familia numerosa, realizada por António Borges Correia -cuxa torpeza narrativa e ton edulcorado foi posteriormente superado pola alongada e compracente comparecencia física dos membros todos da familia protagonista-, e aos museus “Memória e Fronteria”, onde o seu director, Albertino Gonçalves, contou anécdotas e revelou pequenos segredos dos códigos do mundo do contrabando, e “Jean Loup Passek”, no presente ocupado por unha pequena antoloxía dedicada ao cinema silente, serviron para achegar os participantes nestes encontros do cinema e a comunicación, nomeadamente aos estranxeiros e provenientes dos máis afastados lugares do mundo, a estas peculiaridades, verdadeiros emblemas dunha vila, Melgaço, que aposta decididamente polo cinema e a expresión audiovisual.
* * * * *
no arquivo: crónica do Filmes do Homem 2015
mércores, 19 de agosto de 2015
Os filmes da condición humana
por Miguel Castelo
Pertencente ao distrito de Viana do Castelo e situada na comarca do Alto Minho, Região Norte, Melgaço limita ao norte e ao leste con Galicia, ao suroeste co municipio de Arcos de Valdevez e ao oeste con Monção. É a poboación portuguesa máis septentrional e está integrada por 18 freguesías. Melgaço, malia á súa pequena escala xeográfica (239,04 qm²) e o reducido número de habitantes (arredor de 9.500 no seu termo municipal, dos que 1.300 moran na propia urbe), mantén unha curiosa relación co mundo do cine, debido ao vínculo coa vila do documentalista, crítico e historiador Jean Loup Passek, trabado en París nos primeiros 70 por mor do seu trato con inmigrantes portugueses. Tal é así o seu afecto por Portugal e nomeadamente por esta vila minhota (onde mesmo hai anos comprou casa) que decidiu ceder ao municipio o seu amplo patrimonio, produto da súa intensa actividade profesional (innúmeras fotografías, cartaces, libros, documentos diversos, aparellos precinematográficos, etc.) para o que el propio escolleu o espazo do depósito, concretándose no museo que leva o seu nome, inaugurado en xuño de 2005. Ademais dun conservado centro historico, onde se ubica este museo, a vila conta cunha ben dotada Casa da Cultura e outro espazo museístico, Memória e Fronteira (Histórias da História), monográficamente dedicado ao poliédrico fenómeno social do contrabando, práctica directamente vinculada coa zona nos anos 40 e décadas posteriores do século pasado, e á emigración local. Por estas razóns todas, esta capital foi escollida pola vianense Ao Norte, Asociação de Produção e Animação Audiovisual, como marco do Filmes do Homem, Festival Internacional de Documentário, que programa e organiza coa principal colaboración da Cámara Municipal.
Así que Melgaço celebrou este ano a segunda ou primeira, segundo se mire, edición de Filmes do Homem. A primeira, baixo o argumento dos propios organizadores de considerar a do ano pasado como un achegamento ao modelo de festival matinado, a xeito de experimento ou proba. Sexa como for, a deste ano celebrouse entre o 4 e o 9 deste mes e contou coa presenza de 25 filmes, dos que 19 (9 curtas e 10 longas) entraron na competición. Dezaseis foron os países participantes -Australia, Portugal, Canadá, Suiza, Francia, Angola, EUA, Turquía, Chipre, Brasil, Italia, España, Perú, Reino Unido, Grecia e Dinamarca-, algúns deles en réxime de coprodución. Se ben o auditorio da Casa da Cultura, centro neurálxico do certame, foi o principal espazo de proxección dos filmes concursantes, outros lugares da contorna contaron coa presenza de filmes fóra desta sección. Así, as freguesías de Lamas de Mouro e Castro Laboreiro, no seu auditorio e centro cívico, respectivamente, e as de Cristóval (São Gregório) e Parada do Monte e o concello de Arbo, en Galicia, en sesións ao ar libre nas súas prazas principais, puderon tamén participar do festival. Así mesmo, na explanada da Torre do Menagem de Melgaço tivo lugar a sesión de “encerramento”.
Os movementos migratorios constituiron o tema arredor do que virou esta edición. De emigración e inmigración, acoso, maltrato e explotación laboral, da teimosía do retorno, de racismo e xenofobia, de aculturización, desarraigo, alienación e perda de referentes… e moitas outras infaustas derivas que atinxen ao fenómeno da diáspora versa o conxunto dos filmes que integraron o apartado estritamente cinematográfico do festival melgacense. O xuri internacional, constituido por Jorge Campos, Catarina Alves Costa, Jean Loïc-Portron, José Manuel Sande e Tiago Hespanha, decidiu conceder os recén instituidos premios Jean Loup Passek do seguinte modo: Prémio ao Melhor Documentário (económicamente dotado con 3.000 €) a He Bu Tune Bu / Era unha vez, de Kazim Oz (Turquía), “pela forma como ficciona o real dando corpo, com apurado sentido cinematográfico, a uma narrativa que logra transformar os protagonistas curdos em personagems num contexto em que as relações pessoais e familiares interagem com o pano de fundo revelador, na Turquia de hoje, da existencia de relações sociais que perpetuam a servidão”; o Prémio á Melhor Curtametragem (dotado con 1.500 €) a Xenos, de Mahdi Fleifel (Palestina), “pela extraordinária energia humana e cinematográfica que irradia das imagens criadas em torno da figura de Abu Eyad e de outros refugiados palestinianos em busca de uma vida nova em Atenas, mas apanhados na armadilha de um país em colapso”; e o Prémio ao Melhor Documentário Português (dotado con 1.000 €) a Aquí tem gente, de Leonor Areal, “pelo retrato que faz da luta pelo direito à habitação dos moradores do Bairro da Torre, em Loures, muitos dos quais ciganos e africanos, bem como pelo destaque dado ao papel das mulheres e pelas questões que suscita”.
O Filmes do Homem, Festival Internacional de Documentário de Melgaço, 2015, estivo, a maiores das proxeccións, así mesmo conformado por unha serie de actos e actividades de especial interese:
Plano Frontal, Residencia Cinematográfica, actividade xa experimentada na edición anterior, axuntou a un grupo de alumnos de Escolas de Ensino Superior de Cinema e Audiovisual, coa súa formación recentemente concluida, que, conformados en catro equipos de tres (realizador, operador de cámara e operador de son), baixo a titoría de Pedro Sena Nunes e o apoio loxístico de produción e realización de Carlos E. Viana, Rui Ramos, Mário Gomes e Miguel Arieira, acometeronn a realización de pequenas pezas de carácter documental sobre historias locais, que, coa presenza dos seus autores, han ser proxectadas na vindeira edición, como nesta se proxectaron as realizadas o ano pasado.
Fora de Campo, espazo de reflexión e debate multidisciplinar, na área das Ciencias Sociais, Artes e Ciencias da Comunicación, arredor do tema Cinema e Migrações, coordinado por Jose da Silva Ribeiro e levado a cabo en colaboración con Universidades e Grupos de Investigação/Pesquisa de Portugal, Galicia, Brasil e México, configurou un numeroso encontro de intervinientes a contrastar teorías, opinións e criterios nunha permanente e estimulante contenda da lusofonía. Os brasileiros Jose Carlos Sebe Bom Meihy e Zilda Marcia Grícoli Iokoi, os galegos Manuel González e María Yánez, e os portugueses Maria Beatriz Trinidade-Rocha e Manuela Penafria foron, entre outros, algúns dos participantes.
Nós por cá e por lá, exposición fotográfica coordinada por Daniel Maciel, ofreceu unha escolma de duascentas fotografías que presentan persoas e situacións na orixe e o destino do percurso migratorio, no seu momento realizadas co obxectivo de intercambio informativo e sentimental entrambas partes: o concello de Melgaço e Francia, neste caso. Once freguesías responderon positivamente á proposta, aportando máis de setecentos retratos, procedentes de setenta casas. Un discurso iconográfico, que, alén da súa condición preservadora da memoria local, supón un documento de valor histórico e cultural incalculable. A mostra dispuxo, no seu acto inaugural, dun tempo emotivo no que algunhas das fotos foron explicadas polos seus protagonistas. Así mesmo, estes protagonizaran con anterioridade pezas videográficas dedicadas a glosar as circunstancias do instante fotográfico,
a se proxectar incesantemente nunha pantalla da propia exposición.
E, finalmente, o Laboratório de Video, Cinema de Animação, obradoiro impartido por Graça Gomes, destinado a mozos de 14 a 18 anos.
Con todo, toda esta oferta cultural tería resultado distinta sen o clima de convívio que a acompañou. A tal contribuiron a excursión a Castro Laboreiro e aos seus puntos de información, e as visitas guiadas aos museos Jean Loup Passek -actualmente con Manoel de Oliveira como protagonista-, Memória e Fronteira, así como ao Solar do Alvarinho. Tamén axudaron, ademais da concorrencia dalgúns dos realizadores dos filmes presentados, as presenzas activas, en presentacións e mesas redondas, dos “cantores” Luis Cília e Sérgio Godinho (tan venerados polos galegos que en tempos pretéritos xa ollabamos cara Portugal), igualmente padecedores da emigración e o exilio e colaboradores en causas cinematográficas, de Carlos da Fonseca, activista, nos 70, coa súa muller Laurette Fonseca no barrio de Massy (Essonne) nos arredores de París, e Henrique Espírito Santo, un dos máis importantes produtores do cinema portugués das tres últimas décadas do século pasado.
No seu adecuado tamaño, Filmes do Homem, Festival Internacional de Documentário de Melgaço, 2015, evidenciou unha notable capacidade organizativa e sentido da estrutura. O salto, histórico filme sobre a emigración portuguesa a Francia (Christian de Chalonge / Francia, 1973) punteou, nas sesións especiais inaugural (Cristóval-S. Gregorio) e de clausura (Torre do Menagem), a edición. Outros dous filmes, Lorette et les autres / Laurette e os outros (Dominque Dante / Francia, 1973), e Souvenirs d´un futur radieux / Lembranzas dun futuro radiante (José Vieira / Francia, 2014) contribuiron a poñer de manifesto o poder testemuñal do cinema, o sentido cíclico da Historia e a recorrencia dramática dos movementos migratorios. Resulta angustiosamente revelador constatar como nas grandes barriadas do sureste de París permanecen talmente as chabolas, os chamados "bairros de lata", que nos anos 60 ocupaban os portugueses e agora habitan os rumanos; como o filme de Vieira (cineasta da emigración) incide hoxe, con milimétrica simetría, en espazos e situacións mostrados por Chalonge e Dante hai tres décadas. Nada semella ter mudado, agás a posibilidade de filmar a cor. A cor ou en branco e negro, os filmes que a primeiros de agosto chegan a Melgaço versan todos sobre a condición humana. Este é o desexo e o obxectivo dos organizadores deste encontro cinematográfico, Filmes do Homem.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)