![]() |
| Eclipse lunar. Fotografía: Fins Eirexas (O'Fins) |
O 12 de agosto de 2026 ficará na historia como unha desas datas que cargan unha memoria compartida por millóns de persoas. Unha desas datas que alentarán unha pregunta que repetiremos mil veces: onde estabas ti o día
da eclipse? Parcial ou total, na costa ou no interior, con ceos despexados ou con algunhas (ou moitas) nubes, berrando, chorando ou en silencio; serán moi variadas as circunstancias e moi diversos os comportamentos, mais pouca xente ficará sen un recordo emocionado desta tarde ás 20.28 horas. E para moitas persoas a primeira
pregunta que se pasará pola cabeza pasada esa hora será: Cando vemos a próxima?
A realidade é que Galiza non vivirá outra eclipse total até a mañá do 4 de outubro de 2480. A faixa de totalidade abranguerá daquela case todo o noso país, de Ferrol até Vigo, e na zona central da mesma a ocultación do Sol pola Lúa durará case tres minutos; caerán fóra da totalidade algúns concellos do Baixo Miño e os da costa norte da Coruña e de Lugo. Teremos outra tres séculos antes, o 17 de novembro de 2180, que en sentido estrito non toca terra galega (entra por Asturias), mais a rexión de totalidade comeza mar adentro a aproximadamente dez millas náuticas de Burela ou Ribadeo, que tecnicamente é o noso mar. Hai unha eclipse anular o 27 de febreiro de 2082, que con moita probabilidade chegarán a ver as persoas máis novas que me
lean, e despois desa virán as anulares do 16 de agosto de 2175, o 3 de outubro de 2377 e o 3 de novembro de 2404, mais todas elas fican ben lonxe das miñas expectativas. No sucesivo deberemos conformarnos, aquí no noso país, coas eclipses parciais (...)
Martin Pawley. Artigo publicado no caderno de verán Máis do Nós Diario o 12 de agosto de 2026. Podes ler o texto completo no sitio web do xornal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario