Lois Patiño. Imaxe: Julia Llerena. |
Poucos cineastas hai hoxe no mundo cuxa obra,como a de Lois Patiño, amose unha mestura tan precisa de evolución e coherencia, de transformación constante que se afirma nos chanzos precedentes, en todo o aprendido mais tamén nunha vontade permanente de experimentación. Ao pensar con perspectiva a súa traxectoria, que se estende xa por quince anos, chego á conclusión de que, con independencia da súa calidade, ningún dos seus filmes foi prescindíbel, en canto a que todos eles serviron para introducir ensaios e variacións nun itinerario estético que sumou de maneira fértil intuición, estudo e traballo. Non habería hoxe Samsara se non houber antes Lúa Vermella e Costa da Morte, e esas dúas non existirían sen a primitiva exploración do espazo e o tempo nas series Paisaje Distancia e Paisaje Duración, sen pensar a paisaxe primeiro como un laboratorio baleiro que, a partir dun certo momento, comeza a dotarse de presenza humana. A fascinación estética pola relación entre a paisaxe e o corpo, dun corpo que se dilúe na inmensidade e a marabilla da natureza, dá paso a algo máis profundo, a modelaxe conxunta entre esa natureza e o pobo que a habita. En conversa durante a Seminci de Valladolid, o cineasta reflexiona sobre a súa propia aprendizaxe (...)
Martin Pawley. Artigo completo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 9 de decembro de 2023. As persoas subscritas poden lela en liña neste enderezo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario