sábado, 30 de outubro de 2010

James Benning

Dende que deu con Ruhr o salto ao vídeo dixital despois dunha vida enteira traballando con cámaras de 16mm, James Benning parece ter comezado unha etapa creativa especialmente fértil, que se encarga de desvelar el mesmo no seu perfil de Facebook. Hai unhas semanas presentou nos Ánxeles a videoinstalación John Krieg Exiting the Falk Corporation in 1971, que el mesmo describe como “a cousa máis incríbel que fixen nunca”. Benning recupera un filme seu de hai case corenta para coller del apenas oito segundos, os correspondentes á “saída da fábrica” do obreiro do título, e retardalos trescentas veces para dar pé a unha obra de hora e dez que pasea sobre o plano a forza de paneos e zooms.

Small Roads segue o modelo de RR, reemprazando os camiños de ferro por estradas americanas. 47 planos de 2,5 minutos se non aparecen coches; se os hai, a duración esténdese até saíren da pantalla e esmorecer por completo o seu son. En 20 Cigarettes vinte persoas de todo o mundo de diferente idade, cor de pel e condición social fuman un cigarro diante da cámara; a lonxitude vén dada polo tempo que lles leve facelo: o fumador máis rápido acaba en tres minutos, ao máis lento lévalle dez. Máis tres: Reforming the past, a refilmación das imaxes de North on Evers; Pig Iron, feita para o Festival de Jeonju; e Two cabins, sobre as cabanas que construíu a imitación das de Thoreau e Ted Kaczynski perto da súa casa californiana. Dentro delas, copias de pinturas de oito artistas diferentes, entre eles Bill Traylor ou Mose Tolliver, inspiración permanente para Benning. Para rematar, Faces, por duplicado: unha curta que recupera imaxes dun filme anterior seu, Ode to Muzak, e outro máis longo feito con rostros recollidos do mítico filme de John Cassavettes.

Publicado en Xornal de Galicia o venres 29 de outubro de 2010

sábado, 23 de outubro de 2010

Óptico-acústico

A coidada edición por parte do selo videográfico Cameo de Val del Omar. Elemental de España representa un tributo á figura atípica e extraterritorial por excelencia da historia do cine español, o granadino José Val del Omar (1904-1982), ao tempo que escenifica a liña coherente de difusión cultural seguida pola empresa.

Desde as vangardas históricas, Buñuel ou Giménez Caballero, ata a efervescencia iconoclasta –últimos anos 60, inicios dos 80–, o rexeitamento de todo posibilismo dá cabida a propostas heteroxéneas e singulares de artistas (Sistiaga, Santos, Zulueta, Arrieta, Esteva, Zabala, Portabella) que circulan con tino pola periferia creativa.

Val del Omar é o primeiro suxeito referencial para indagar na idea desa vangarda fílmica expresada durante a ditadura. Documentalista das Misións Pedagóxicas republicanas, a súa capacidade para a invención de visionarios aparellos –luz táctil, sistema de audio diafónico, Palpicolor-Cromatato…– e a súa acción pioneira en técnicas láser e no uso do vídeo, axudan a construír o fascinante universo do autor das memorables pezas místico-realistas que forman o chamado Tríptico Elemental de España: Aguaespejo granadino (1953-55), Fuego en Castilla (1958-1960) e Acariño galaico (1961).

Os cinco discos da edición conteñen a obra de Val del Omar supervisada polos seus descendentes –o especialista Gonzalo Saénz de Buruaga, xenro, compón boa parte dos textos do libriño extra–, ofrecendo suxerentes traballos complementarios, de películas familiares e testemuñas do labor sociocultural dos anos 30 (Estampas, 1932) a pezas imprescindibles doutros, dirixidas por Cristina Esteban, Velasco Broca ou Eugeni Bonet.

José Manuel Sande. Publicado en Xornal de Galicia o sábado 23 de outubro de 2010

Sharon Lockhart

Un dos mellores recordos da miña vida cinéfila vai asociado á proxección de Lunch Break na edición de 2009 do festival Punto de Vista, nunha sesión presentada de maneira memorábel por Carlos Muguiro, daquela director do certame. Renunciando ao estatismo que até aquel momento caracterizara a súa obra, Sharon Lockhart desprazaba a cámara polo corredor dun asteleiro en Maine durante a parada dos obreiros para comer. O resultado era un travelling de dez minutos que a directora ralentizou oito veces para producir unha película de fermosura hipnótica froito desa dilatación onírica da realidade –e non é casual que o momento elixido fose xustamente un de descanso–.

Para o espectador que se deixe seducir por esta singular proposta –o que non entra nela pode abandonar a sala aos cinco minutos, coa certeza de que xa viu todo o que tiña que ver– a experiencia acaba por ser extraordinariamente gratificante e sensual, reforzada por unha banda de sons que mestura voces e ruídos industriais creada por Becky Allen e James Benning, de quen a cineasta pode ser considerada discípula.


Na súa seguinte longametraxe, Double Tide, Sharon volve á contemplación minuciosa do traballo na liña do que fixera en , peza de media hora que rexistra o movemento case coreográfico dunha parella de labregos xaponeses mentres estenden herba seca sobre un prado. A protagonista agora é unha mariscadora de Maine e o esforzo recolector é recollido en dous planos fixos ao comezo e ao final dun mesmo día. O pracer de mirar e escoitar témolo esta vez ao noso alcance: os filmes forman parte do programa da Mostra de Ciencia e Cinema, a celebrar nuns días na Coruña. E perdoen o autobombo.

Publicado en Xornal de Galicia o venres 22 de outubro de 2010

martes, 19 de outubro de 2010

Defensa das axudas de talento

Ante o delicado contexto económico e os consecuentes recortes orzamentarios da administración facemos unha chamada ás autoridades para que manteñan a convocatoria anual das “axudas de creación e desenvolvemento do talento audiovisual galego” que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais.
Estas axudas puxeron en valor un mundo paralelo que estaba na sombra da industria audiovisual e destacaron a figura dos “creadores individuais” como motores de produción libre e independente. Destas axudas beneficiáronse un bo número de autores que obtiveron grazas a elas o soporte financeiro preciso para faceren realidade as súas ideas e proxectos. Froito delas naceron obras que son xa un referente de calidade artística a nivel mundial, nomeadamente a longametraxe Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe, que participou na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes 2010, un fito histórico para o cinema galego. Máis alá de nomes concretos, queremos salientar o extraordinario valor que estas axudas tiveron á hora de promover sinerxias e colaboracións entre autores nun contexto de creación autoxestionada. Diso nace tamén o seu prestixio, que as convertiu nun modelo a imitar por outras administracións.
As axudas de talento teñen un orzamento reducido, este ano de 300.000 euros, unha cantidade equivalente ao que recibe unha soa longametraxe de produción convencional. Con máis de 250 traballos presentados na última convocatoria, apenas unha novena parte deles recibiron axuda do AGADIC, un ratio moito máis baixo que o de calquera outra categoría.
Sabedores das dificultades económicas actuais os abaixo asinantes pedísmoslle á administración galega un esforzo para que se practique a menor redución posíbel na súa contía e que en ningún caso se produza a súa supresión, coa certeza de que a erradicación destas axudas suporía un dramático paso atrás nos logros alcanzados polo audiovisual de noso nos últimos anos.
Galicia, 19 de outubro de 2010
* * * * *

Texto en español

Defensa de las ayudas de talento

Ante el delicado contexto económico y los consecuentes recortes presupuestarios de la administración hacemos una llamada a las autoridades para que mantengan la convocatoria anual de las "ayudas de creación y desarrollo del talento audiovisual gallego" que gestiona la Axencia Galega das Industrias Culturais.

Estas ayudas pusieron en valor un mundo paralelo que estaba en la sombra de la industria audiovisual y destacaron la figura de los "creadores individuales" como motores de producción libre e independiente. De estas ayudas se beneficiaron un buen número de autores que obtuvieron gracias a ellas el soporte financiero preciso para hacer realidad sus ideas y proyectos. Fruto de ellas nacieron obras que son ya un referente de calidad artística a nivel mundial, por ejemplo el largometraje Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe, que participó en la Quincena de Realizadores del Festival de Cannes 2010, un hito histórico para el cine gallego. Más allá de nombres concretos, queremos reseñar el extraordinario valor que estas ayudas han tenido a la hora de promover sinergias y colaboraciones entre autores en un contexto de creación autogestionada. De eso nace también su prestigio, que las ha convertido en un modelo a imitar por otras administraciones.

Las ayudas de talento tienen un presupuesto reducido, este año de 300.000 euros, una cantidad equivalente al que recibe un sólo largometraje de producción convencional. Con más de 250 trabajos presentados en la última convocatoria, apenas una novena parte de ellos recibieron ayuda del AGADIC, un ratio mucho más bajo que el de cualquier otra categoría.

Conocedores de las dificultades económicas actuales los abajo firmantes le pedimos a la administración gallega un esfuerzo para que se practique la menor reducción posible en su cuantía y que en ningún caso se produzca su supresión, con la certeza de que la erradicación de estas ayudas supondría un dramático paso atrás en los logros alcanzados por nuestro audiovisual en los últimos años.

Galicia, 19 de octubre de 2010

* * * * *


O manifesto en italiano, traducido por Simone Saibene:

In difesa degli aiuti al talento

Data la complessa situazione economica e i conseguenti tagli di bilancio dell’amministrazione pubblica, esortiamo le autorità a mantenere il bando annuale per la “creazione e sviluppo del talento audiovisivo in Galizia” gestito dalla Axencia Galega das Industrias Culturais.

Queste sovvenzioni hanno fatto emergere l’importanza di un mondo parallelo che stava nell’ombra dell’industria audiovisiva, evidenziando la figura dei “creatori individuali” come motori di produzione libera e indipendente. Di questi aiuti hanno beneficiato un buon numero di autori che, grazie a questo sostegno finanziario, hanno potuto trasformare in realtà i loro progetti. Per merito di essi sono nate opere che sono già un punto di riferimento artistico a livello mondiale, per esempio il film Todos vós sodes capitáns di Oliver Laxe, che ha partecipato alla Quinzaine des Réalisateurs a Cannes 2010, un evento storico per il cinema galiziano. Ma al di là dei nomi specifici, vogliamo ribadire lo straordinario valore che questi aiuti hanno avuto al momento di promuovere sinergie e collaborazioni tra autori in un contesto di creazione autogestita. Anche da questo si definisce la loro importanza, al punto da convertirsi, per altre amministrazioni, in un modello da imitare.

Le sovvenzioni al talento hanno un budget ridotto, quest’anno di 300.000 euro, un importo equivalente a quanto normalmente riceve un solo lungometraggio realizzato secondo gli standard convenzionali. Con più di 250 progetti presentati nell’ultimo bando, appena 1/9 ha ricevuto l’aiuto dell’AGADIC, un rapporto di gran lunga inferiore rispetto a qualsiasi altra categoria. Consapevoli delle attuali difficoltà economiche, i firmatari chiedono all’amministrazione galiziana uno sforzo affinché si pratichi la minore riduzione possibile dei fondi e in nessun caso venga proposta la loro cancellazione, con la certezza che l’eliminazione di tali aiuti sarebbe un passo indietro drammatico considerando le conquiste fatte della nostra industria in questi ultimi anni.

Galizia, 19 ottobre 2010

Per sottoscrivere il manifesto è sufficente inviare una mail a: actodeprimavera@gamail.com
Scrivi “Autorizo que mi nombre aparezca entre los los firmantes de esta petición”. Nome, cognome e professione.

Ler texto no sitio orixinal: In difesa del talento, Sempre e Dovunque

* * * * *

Listaxe de asinantes José M. Sande, crítico e programador

Martin Pawley, crítico e programador
Xurxo González, crítico e historiador
José Manuel López, crítico
Isaki Lacuesta, director
Miguel Gomes, director
Felipe Lage Coro, produtor
Oliver Laxe, director e produtor
Iago Martínez, xornalista cultural
Peque Varela, directora
Jaime Pena, crítico e programador
Ángel Santos, crítico e director
Marcos Nine, director e produtor
Ximena Losada, produtora
Manolo González, historiador
Manu Mayo, director e montador
Lisi González, directora
Mirito Torreiro, crítico e programador
Fernanda del Nido, produtora
Xacio Rodríguez Baño, director
Xoán Escudero, director e sonidista
Severo Fernández Calaza, guionista
Antón Caeiro, director
Eloy Enciso, director
Susana Rei, directora
Beli Martínez, produtora e profesora
Vicente Vázquez, director
Usue Arrieta, directora
Alfonso Zarauza, director
Miquel Marti Freixas, crítico
Claudia Brenlla, directora
José Manuel Mouriño, director
Gonzalo de Pedro, crítico e programador
Ramiro Ledo Cordeiro, director
Daniel Salgado, xornalista cultural
Miguel Marías, crítico
Gonzalo de Lucas, crítico e profesor
Iván García Ambruñeiras, crítico
María Yáñez, xestora cultural
Iago Gonzalez, técnico
Inma Ricoy, directora e editora
Ángel Rueda, director e programador
Dani Gondar Rial, crítico e fotógrafo
Gonçalo Tocha, director
Chusi Riveira, analista de guión
Nicolás Melini, director
Daniel Froiz, produtor
Jesús Rivera Armán, blogueiro
Fernando Franco, director e montador
Antoni Pinent, director e programador
Carlos Esbert, produtor e director
Carlos Ares, produtor e guionista
Luis Avilés Baquero, director
Alexandre Cancelo, director
David Varela, director e produtor
Pilar Comesaña, xornalista
Héctor Carré, director
Carlos Alberto Alonso, director
Simone Saibene, director e crítico
Ramón Costafreda, director e guionista
Juan Lesta, director
Rubén Coca, director e produtor
Fely Manzano, actriz
Alberte Pagán, director
Carlos Losilla, escritor e profesor
Cristina Otero Roth, montadora
Olalla Lojo, fotógrafa
Vicente Montoto, actor
Rubén Pardiñas, director
Antoni Padrós, director
Josetxo Cerdán, profesor e programador
Sergio Franco, director de fotografía
Xes Chapela, guionista
Carlos Amil, guionista e director
Xosé Nogueira, profesor
Abelardo Rendo Rial, director e guionista
Manuel Piñeiro González, xornalista
Vicente Ponce, profesor
Pachi Baranda, director
Carlos Neira, economista e consultor
Margarita Ledo, profesora e directora
Adolfo Ponte Velasco, guionista
Eva Quintás, directora
Ana Domínguez, directora e produtora
Daniel V. Villamediana, crítico e director
Miguel Valverde, programador
Miguel Mariño, director e produtor
Samuel Martínez, cineasta
Luis Ángel Bellaba, produtor
Fran X. Rodríguez, director e montador
Guillermo Rodal, realizador e montador
Carlos G. Meixide, xornalista
María Lado, escritora
Juan Falque, director e guionista
Xavi Sala Camarena, director
Alexandra Fernández, directora artística
Gustavo Balza, director
A. Díaz "Bertitxi", director de fotografía
Antía Otero, escritora e actriz
Iván Patiño, produtor
Menchu Lamas, artista plástica
Antón Patiño, artista plástico
Lois Patiño, director
Puri Seixido, guionista
Ana Seixido, guionista
Anxo Sánchez, director Play-Doc
Sara García, directora Play-Doc
Alfonso Pato, xornalista e programador
Alfredo Pardo, Chantada Films
Comba Campoy, produtora e xornalista
Alberto Ruiz de Samaniego, especialista en arte
Santiago Fillol, profesor e director
Francisco Puñal Suárez, xornalista
Carlos F. Heredero, director Cahiers du Cinema
Alfonso Ungría, director
José Antonio Cascudo, guionista
X. H. Rivadulla Corcón, guionista
Xiana Arias Rego, xornalista
Vanesa Castro, produtora cultural
Iñaki López, produtor cultural
Miguel Ángel Montes García, músico
Pela del Álamo, director e produtor
Alfredo Ferreiro, xestor cultural
Diego Pazó, director e guionista
Alberto Gracia, artista
Sandra García, realizadora
Xosé Abad, realizador
Carlos A. López Piñeiro, profesor e guionista
Andrés Duque, director
José Nolla, produtor
Daniel Alonso Iglesias, músico
Tamara de la Fuente, fotógrafa
Karen Viera Rodríguez, produtora
Dull Janiell, montador e grafista
Anxela Caramés, historiadora da arte
Lidia Gallardo, produtora
Pepe Coira, produtor e guionista
Xabier P. Docampo, escritor
Alfonso Camarero , director e sonidista
Belén Montero, directora
Rubén Martínez, Yproductions
Víctor Paz Morandeira, xornalista
Marcelo Expósito, director e artista
Nilo Casares, comisario de arte
Borja Mucientes, director
José Luis Ducid, director
Paulina Mouzo, empresaria hostelería
Matusa Barros, artista
Santiago Gil Vázquez, creativo 3D
Dulce Anca, artista
Iolanda Muiños, actriz
Raúl Veiga, director
Pablo Millán, director
José Luis Losa, crítico e programador
Daniel de Andrés, estudante
Andrea Lapique, enxeñeira de sistemas
Tomás Lijó, profesor
Víctor Hugo Seoane, director
Diana Toucedo, montadora
Ana Prieto Rey, produtora
Paz Raña Lama, profesora
Jesús Basterrechea, profesor e artista
Jaione Camborda, directora
José Mª Caamaño, enfermeiro
Ángel Suanzes, xornalista cinematográfico
Xoán Abeleira, escritor e tradutor
Xaime Castaño, produtor
Teresa Taxes, galerista
Mireia Ros, actriz e directora
Violeta Montero, estudante de produción
Vicente Bouzas, profesor
Irene Gutiérrez, realizadora
Pedro Pérez Rosado, director
Milo Taboada, actor
Ruth Chao, produtora
Cristina Serantes, hosteleira
Óscar Durán, director de fotografía
J. Carlos González, guionista
Carolina Fernández, artista plástica
Sonia Abelleira, deseñadora de moda
Alba Saudade, estudante
Jorge Coira, director e guionista
Alberto Morais, director e guionista
Xavier Campos, xestor cultural
Begoña R. Outeiro
David G. Outeiriño, auxiliar produción
Mónica García Iglesias, programadora
David Asenjo, xestor cultural
Pilar Ponte, profesora
Ana Triñanes, xornalista
Sandra Villaverde, restauradora de arte

domingo, 10 de outubro de 2010

Sen compaixón

A edición en que o Festival de Xixón se abre máis que nunca a ese cinema español de calidade creado desde uns parámetros artísticos e de produción radicalmente contrarios aos que agora alenta a nefasta dupla diabólica formada polo director do ICAA Ignasi Guardans e a ministra de Cultura Ángeles González-Sinde, é tamén a que consagra a inmensa valía dunha nova xeración de autores galegos cuxa obra transcende xéneros e categorías para despertar xenuína admiración e interese en todas partes, máis alá da natural simpatía e compaixón localista.

Pouco hai que dicir xa de Oliver Laxe, o mellor dos nosos, un director que vive un ano de gloria desde que a súa ópera prima Todos vós sodes capitáns recibira o recoñecemento da crítica tras a súa estrea na Quincena de Realizadores de Cannes. Tampouco é precisamente unha descoñecida a ferrolá Peque Varela, que conseguiu colocar no Festival de Sundance a súa curtametraxe 1977 uns meses despois de que lla rexeitaran varios certames do país. A de Caranza supera os magníficos resultados acadados daquela na súa nova obra mestra, Gato encerrado, un impoñente alegato contra as desigualdades cuxa incríbel riqueza non se capta nun único visionado. A curta expón as vidas paralelas de dous gatos con moi diferente fortuna: un deles nace con sete vidas, como asegura o mito popular hispano, e o outro con nove, como é común na tradición anglosaxoa.


Ese é o primeiro elo dunha longa cadea de desvantaxes; para o gato de sete vidas será moito máis complicado acceder á educación ou cruzar fronteiras, será vítima da fame e da represión policial e terá, en suma, moito máis difícil a supervivencia. Saír adiante é unha odisea e equipararse en dereitos ao outro unha utopía nesta fértil e intelixente parábola que une ao vigor e contundencia da súa mensaxe unha espectacular inventiva visual, que outorga rapidez e elegancia a esta curtametraxe imbatíbel. Pouco importa que a súa filmografía completa poida verse en vinte minutos: Peque Varela é o valor máis seguro do cinema galego pola súa capacidade para chegar a públicos amplos con produtos intelixentes sen traizoar a súa identidade.

Por último, Ángel Santos, que despois de demostrar o seu talento en ficcións harmoniosas como Septiembre ou O cazador proba sorte no campo do ensaio. En Fantasmas #1 Ángel explora o arquivo familiar para rescatar fotografías e filmacións e con elas construír unha atinada reflexión sobre o paso do tempo, a memoria e as pegadas do pasado na construción da propia personalidade.

Martin Pawley. Publicado en Xornal de Galicia o domingo 10 de outubro de 2010.