![]() |
| O Sáhara non se vende (Jocelyne Saab, 1977) |
Unha das moitas mulleres cineastas que urxe reivindicar é a libanesa Jocelyne Saab (1948-2019), cuxa obra ao longo de case cinco décadas abrangue a fotografía, o vídeo-arte e as instalacións e os filmes tanto de non ficción como de ficción, empezando por Unha vida suspendida, seleccionado na Quincena de Cannes en 1985, mais acada cimas de especial asombro coa súa produción documental dos anos 70 e 80. Nacida no seo dunha familia cristiá maronita en Beirut, onde se criou, Jocelyne estudou Economía na Universidade Saint-Joseph e foi entón que se fixo consciente dos padecementos das persoas palestinas refuxiadas nos campos ao sur da cidade, un verdadeiro punto de inflexión no seu compromiso político. Unha vez que completou os seus estudos en París empezou a traballar como xornalista para a televisión pública de Francia, avalada polo seu coñecemento de Oriente Medio e o dominio do inglés, o francés e o árabe: era a persoa idónea para contar de primeira man os acontecementos históricos que vivía a rexión. Creou así reportaxes como As mulleres palestinas (1974), que pon o foco no rol das mulleres en todo tipo de tarefas, dos coidados á política mais tamén a loita militar, nunha
curta que a televisión non se atreveu a emitir; (...)
Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 17 de xaneiro de 2026, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo en liña nesta ligazón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario