Gustaríame que empezase pondo en contexto o papel da poesía na tradición saharauí.
A do Sáhara Occidental é unha cultura afroárabe que conviviu durante un século coa cultura española. A nosa lingua materna é o hassanía, na que se produciu unha literatura oral que se foi transmitindo de xeración
en xeración, mais debido a iso as obras van sufrindo certas erosións e iso supón un problema que nos preocupa moito. Precisabamos un rexistro desas obras e na Universidade Autónoma de Madrid levamos vinte anos traballando para recuperar a creación oral dos poetas das diferentes xeracións. Recollemos esa obra para preservala e traducímola ao castelán. Algúns destes autores morreron nos últimos anos, como Badi ou Beibuh, así que de non termos desenvolvido este proxecto perderiamos para sempre as bibliotecas que cada un deles representa e que recollen a historia do Sáhara en verso. Non foron só poetas: son eruditos, son antropólogos, sociólogos e
historiadores nativos. É unha emoción moi grande entregarlle a un autor en lingua hassanía un libro coa súa obra e ver como o mira e o toca, a sensación de que agora esa obra está alí e non vai morrer, que o vai poder gardar e ensinar á xente (...)

Ningún comentario:
Publicar un comentario