Lama? / Why? (Por que?)
Nadav Lapid (Israel, 2014)
5 min | Cor
Unha
serie israelí de "cartas de amor ao cinema" impulsa esta curtametraxe
de Nadav Lapid, precisa e sintética a máis non poder. Preguntado por un
plano que transformou a súa vida, un cineasta remóntase vinte anos atrás
para lembrar un episodio do seu paso polo exército: o visionado de
Teorema. A fascinación polo militar, a noción tribal de virilidade e a
necesidade de formar parte (obediente) dun grupo, aspectos xa esenciais
de Policeman e The Kindergarten Teacher, quedan cuestionadas pola
perturbadora forza das imaxes pasolinianas. Entran en tensión a
violencia e a beleza, o conformismo e a arte. O colapso final de Massimo
Girotti no filme é tamén o do mozo soldado, futuro director. Por sorte
para nós, espectadores fascinados.
Martin Pawley. Versión galega do texto escrito para o catálogo do BAFICI 2015. Pode descargarse o catálogo nesta ligazón (PDF, 21 MB).
Ningún comentario:
Publicar un comentario