martes, 11 de febreiro de 2014

Proxecto NIMBOS: Coma unha espada (Fran X. Rodríguez, 2014)



Curtametraxe de Fran X. Rodríguez para o Proxecto NIMBOS, serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

Dirección: Fran X. Rodríguez. Imaxe: Marcos Nine. Música: Martiño Vázquez.

Coma unha espada

Tódolos ríos pasan pola miña
alma, cheos de Deus, música e lapas.
Todas as pombas fan o meu amor.
A beleza fireume para sempre.

Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza fireume para sempre.

En cada voz eu óio unha chamada
cun longo eco de adéus que non entendo,
pro que me fire coma espada ardendo.
A beleza fireume para sempre.

I as falopas dos anos van caendo
sobra sede inmortal i os ollos tristes,
pro no enterran a boca da ferida!
A beleza fireume para sempre.

Nimbos, Xosé María Díaz Castro.
Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario