luns, 7 de xaneiro de 2013

The Master (Paul Thomas Anderson, 2012)



Tirando de repertorio

Alén do interese que poida suscitar o grao de fidelidade da recreación dos primeiros pasos da Igrexa da Ciencioloxía, The Master non deixa de ser un ritornello de Paul Thomas Anderson sobre teimas xa trazadas na súa filmografía. A relixiosidade de Pozos de ambición contraponse á ciencia mais sen atinxir a transcendencia de El árbol de la vida de Malick. Aborda a loucura, tanto a individual como a institucional, sen superar as cotas da maxistral Punch Drunk Love. Critica un período da sociedade americana, desta vez os anos 50, onde a psicoanalise intenta facerse un oco entre o capitalismo; e recréase no individualismo e a subxectividade encarnados no salvaxe duelo interpretativo entre Joaquim Phoenix e Philip Seymur Hoffman. E todo este recetario singular coróase coa sempre latente e interesante reflexión sobre o artificio que se agocha no proceso dunha posta en escena: no cinema, na relixión ou en calquera outro espectáculo. Nota: 6/10

Xurxo González

1 comentario:

  1. A min entusiásmame, claro. Gosto inmenso do Paul Thomas Anderson excesivo, desmesurado e ambicioso de filmes coma este ou o anterior, THERE WILL BE BLOOD, e interésame o seu retrato da manipulación relixiosa. Eu póñolle un 9 sobre 10.

    ResponderEliminar