domingo, 22 de marzo de 2020

O CGAI reivindica a obra das pioneiras do cinema

Desde que naceu o cinema a finais do século XIX houbo mulleres directoras. E aínda nos anos 10 e 20 a presenza de mulleres detrás das cámaras e mesmo en postos moi destacados dentro da industria fílmica nos Estados Unidos non era un feito excepcional, como si sucedeu a partir da chegada do cinema sonoro. Un ciclo que se estenderá ao longo dos próximos meses no CGAI-Filmoteca de Galiza recupera a varias das cineastas pioneiras e ofrece algunhas das súas obras máis valiosas. Arranca a cuarta feira, 11 de marzo, cunha escolma de curtametraxes de Alice Guy-Blaché.


Algie the Miner (Alice Guy-Blaché, 1912)
É natural empezar con Alice porque ela, literalmente, estaba ao principio de todo. Naceu en 1873 na comuna de Saint-Mandé, perto de París. Aprendeu mecanografía e estenografía e púxose a traballar como secretaria nunha empresa dedicada á fabricación de cámaras, a Comptoir géneral de photographie, que en xuño de 1895 foi adquirida por Leon Gaumont. Na altura as imaxes animadas xa eran unha realidade comercial en América grazas ao aparello inventado pola factoría Edison, o kinetoscopio, que permitía o visionado individual de escenas, mais o que cambiou todo para sempre foi a presentación, en decembro daquel 1895, dun novo invento, o cinematógrafo dos irmáns Lumière. O que podía parecer unha simple curiosidade científica revelouse axiña como a peza chave para un novo tipo de espectáculo público: a reunión dun grupo grande de persoas para contemplaren xuntas imaxes proxectadas nunha pantalla. O cinema, en suma.

De secretaria a directora
Gaumont non tardou en comprender que a súa empresa debía orientarse tamén a ese negocio. E mal non lle foi, até o punto de que a produtora segue en activo e presume de ser a máis antiga do planeta, facendo películas “desde que o cinema existe”, como reza o seu lema. Nesa tarefa Alice Guy pasou a ter unha participación fundamental: a secretaria converteuse en realizadora cunha primeira curta xa en 1896, A fada dos repolos. Desde ese momento e até 1906 dirixiu ou supervisou directamente a creación de varios centos de filmes como xefa de produción da compañía, ensaiando diversas técnicas, trucos e rexistros artísticos, desde as típicas “danzas serpentinas” a, sobre todo, as ficcións breves en ton de comedia, como A boa absenta (1899) ou Cirurxía fin de século (1900), mais tamén obras non narrativas que exploraban puramente o pracer visual das imaxes, como Efectos do mar (1906).
Os filmes foron gañando minutos de duración e iso permitía alardes de produción como a media hora d’A vida de Cristo (1906), con grande variedade de escenas e decorados e multitude de extras. Fronte ao ton necesariamente grave da paixón de Cristo, resulta máis gozosa a contemplación de curtas máis leves e retranqueiras como As consecuencias do feminismo, As xerarquías do amor ou a divertidísima O piano irresistíbel, feitas nuns anos nos que tamén ensaiou o uso do son sincronizado en grande número de “fonoescenas” que deixaron rexistrado para sempre o oficio de artistas de variedades célebres en Francia na época como Felix Mayol ou Dranem.
En 1907 Alice Guy casou cun compañeiro da compañía, Herbert Blaché. A parella emigrou aos Estados Unidos para facerse cargo dunha franquía da sección dedicada ás curtas sonoras, Cronophone. A poderosa influencia de Edison foilles poñendo atrancos á produción e por culpa diso o estudio americano da Gaumont quedou infrautilizado, o cal foi a escusa perfecta para que Alice e Herbert máis un terceiro socio, George A. Magie, fundaran unha nova produtora, The Solax Company, para faceren filmes mudos. O éxito inicial permitiulles pronto crear o seu propio estudio.

O esplendor da Solax
A Solax viviu só uns poucos anos de prosperidade mais deixaron como resultado un boa colección de títulos notábeis, desde Un parvo e o seu diñeiro, quizais o primeiro filme cun elenco integramente formado por actores e actrices afroamericanos, ao memorábel melodrama Follas que caen, cunha moza enferma de tuberculose que recibe un diagnóstico fatal: o médico anuncia que morrerá “antes de que caia a última folla”. A irmá da enferma, moi pequecha, escoita a prognóstico e interprétao literalmente, e así cando ve caer as primeiras follas no xardín intentará frear a morte na familia pegándoas de novo ás árbores, un xesto inxenuo e poético que precede ao (máis científico) final feliz.
Ademais destas dúas películas, as sesións que o CGAI dedica a esta etapa americana de Alice Guy-Blaché permitiránnos ver outras mostras da diversidade e o compromiso crítico coas inxustizas e en favor da igualdade característico da cineasta, das que son bo exemplo Facéndose cidadán americano, O alto custo da vida ou O límite de velocidade do matrimonio. En 1920 estreou o seu derradeiro filme, a longametraxe Reputacións lixadas, hoxe perdida; desde entón non volveu a dirixir. Regresou a Francia, onde permaneceu máis de corenta anos, e só contra o final da súa vida estableceuse de novo nos Estados Unidos, onde morreu en 1968, aos 94 anos.

'49 - '17 (Ruth Ann Baldwin, 1917)
Ruth Ann Baldwin é a grande sorpresa do ciclo
Dramas sociais, comedias e un "metawestern" revolucionario

Soa ou en parcería co seu marido actor Philips Smalley, Lois Weber (1879-1939) fixo carreira como directora tocando a miúdo asuntos polémicos que procuraban fomentar o debate social, como a pobreza e a prostitución en Zapatos (1916) e o aborto en Onde están os meus fillos? (1916). Dela veremos unha longametraxe de 1921, O borrancho, coa desigualdade económica como fondo.

A filmoteca recordará tamén a Mabel Normand (1892-1930), actriz e directora de comedia de éxito que mesmo compartiu escenas con Charles Chaplin. A súa estrela declinou nos anos 20, golpeada por escándalos que lle tocaron de perto como os xuízos pola violación e morte de Virginia Rappe que acabaron coa carreira, malia non ser condeado, de “Fatty” Roscoe Arbukle, compañeiro de Mabel en varios filmes, ou o asasinato do director William Desmond Taylor. Non axudaron os recorrentes problemas de saúde derivados da tuberculose, que acabou matándoa aos 37 anos de idade.

Mais a maior revelación do ciclo é con certeza Ruth Ann Baldwin, da que se conserva unha única longa como directora, a sensacional ’49-’17. Un xuíz adiñeirado e con saudades da febre do ouro de 1849 encárgalle a un empregado que atope unha vila que manteña o espírito daqueles tempos. Na súa busca dará cuns actores que fan un espectáculo ao estilo do vello oeste, aos que fichará para que actúen como se estivesen a mediados do XIX. Asombra o hábil xogo de Ruth Ann Baldwin sobre os estereotipos dun xénero, o western, que nese 1917 aínda se estaba inventando. Pouco máis sabemos desta directora. Traballou como guionista para a Fox e Metro entre 1919 e 1921 e uns anos despois perdéselle a pista: nin sequera se sabe en que ano morreu.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no xornal Nós Diario o 10 de marzo de 2020, terza feira. 

domingo, 1 de marzo de 2020

El cielo de Rosalía de Castro

La noche y los objetos celestes están muy presentes en la obra poética de la autora gallega, que ahora da nombre a una estrella.

* * *

Unha das imaxes da campaña. Autora: Marta Cortacans
En el calendario cultural y escolar de Galicia el 24 de febrero es una fecha señalada: es el «Día de Rosalía», en homenaje a la excepcional escritora nacida tal día de 1837. Este año hemos vivido la efeméride de una forma especial, pues ahora a Rosalía también podemos celebrarla observando el cielo. El pasado 17 de diciembre la Unión Astronómica Internacional anunció el resultado de las campañas «NameExoWorlds», que asignaron a 112 países una estrella con un exoplaneta para que fuesen bautizadas en votaciones abiertas a la ciudadanía. La estrella correspondiente a España es una enana amarilla parecida al Sol, visible con prismáticos y situada en la constelación de Ofiuco, el Serpentario. Su nombre, hasta ese momento, era HD 149143, que la identificaba como una de las 225 300 recogidas en el catálogo Henry Draper en el que trabajaron durante décadas las míticas «calculadoras de Harvard». El catálogo acabó publicándose en varios volúmenes entre 1918 y 1924, con supervisión de la incansable Annie Jump Cannon.

A propuesta de la Agrupación Astronómica Coruñesa Ío fue escogido el nombre «Rosalía de Castro» para la estrella y el de «Río Sar», un río esencial en su vida y su obra, para su planeta, un Júpiter caliente que la orbita a unos ocho millones de kilómetros. La elección de Rosalía valoraba no solo su mayúscula importancia para las letras gallegas y españolas, sino también la absoluta vigencia de su creación poética y narrativa en la que reconocemos un claro discurso feminista y una defensa de la naturaleza y la protección del paisaje que resultan plenamente contemporáneas. Rosalía de Castro nunca dejó de ser moderna.

Lo que no resulta tan conocido es la abundante presencia de referencias al cielo y a la noche en sus textos. Hasta podríamos dividir la literatura rosaliana en dos tiempos astronómicos. Hay una Rosalía que canta el amanecer, la alegría de un nuevo día, en el libro fundacional Cantares gallegos («o craro sol vai subindo / por riba do firmamento / limpo, garrulo e contento»); y, hay, después, otra Rosalía que explora la oscuridad natural de la noche convertida en refugio para la reflexión íntima, la Rosalía de Follas novas y En las orillas del Sar. Una poeta que dialoga con la noche y los objetos celestes que reinan en el firmamento, que ve en la Luna una «lámpara hermosa, eternamente hermosa», que nos recuerda que hay «luz e progreso en todas partes» pero persisten «as dudas nos corazós» y nos advierte de que «moita luz deslumbra os ollos». Una poeta que imagina la Tierra en el espacio y escribe estos versos fabulosos que se adelantan en un siglo al célebre «punto azul pálido» de Carl Sagan.

Los astros son innúmeros,
al cielo no se le encuentra fin,
y este pequeño mundo que habitamos,
y que parece un punto en el espacio,
inmenso es para mí.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 249, marzo de 2020. Grazas ás investigacións de Sagrario Abelleira, soubemos a finais de 2021 que a verdadeira data de nacemento de Rosalía foi o 23 de febreiro. Dende 2022 celebramos o "Día de Rosalía" cada 23-F.