mércores, 1 de xuño de 2016

En defensa do CGAI

[Texto en español, aquí]

Vemos con preocupación as noticias que periodicamente saltan á prensa sobre o precario estado do CGAI, a Filmoteca de Galicia. Desde hai anos vimos constatando nesta institución a redución de orzamentos, de programación, de traballadores e de servizos. Unha caída libre que moitos achacarán á incidencia da crise mais que ten coma causa principal a terrible insensibilidade dos seus responsables: dirección do CGAI, AGADIC, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Xunta de Galicia.

Malia que xa non son tempos de manifestos con esta nota demandamos un mellor trato cara ao centro, xa que o CGAI é un dos poucos faros culturais que alumean con intensidade en Galicia con contrastado prestixio estatal e internacional. Unha traxectoria encomiable de máis de 25 anos a prol da recuperación, conservación e divulgación do patrimonio cinematográfico.

Moito é o construído durante estes anos polo que sería de insensatos demolelo coa perda de diñeiro e recursos investidos. Demandamos que se poña fin a esta dinámica de destrución. Sostemos que é necesaria a reactivación do CGAI, máis sabemos que para iso ten que recuperar a asignación orzamentaria necesaria para manter o persoal e os servizos para os que foi deseñado.

O ermo cultural no que se converteu España e Galicia de seguro que propiciou casos semellantes ou máis graves, mais un mal nunca xustifica outro. Dende Acto de Primavera convidamos aos cinéfilos galegos e de todo o mundo a compartir esta nota ou a reflectir a súa desconformidade nos comentarios coma xesto de indignación e repulsa ante este estado de abandono. Tamén chamamos a apoiar a Filmoteca de Galicia da mellor maneira posible: acudindo a ela, reivindicando co seu uso cotián a súa absoluta necesidade para o noso país. Agardemos que este berro resoe nos ouvidos das autoridades pertinentes.

Acto de Primavera
Xurxo Chirro e Martin Pawley

* * * * *

En defensa del CGAI

Estamos preocupados por las noticias que saltan periódicamente a la prensa sobre el precario estado del CGAI, la Filmoteca de Galicia. Durante años hemos venido constatando como a esta institución se le recortaron presupuestos, programación, trabajadores y servicios. Una caída libre que muchos atribuirán al impacto de la crisis pero que tiene como causa principal la terrible insensibilidad de sus responsables: dirección del CGAI, AGADIC, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria y Xunta de Galicia.

Aunque ya no es tiempo de manifiestos con esta nota demandamos un mejor trato hacia el centro, ya que el CGAI es uno de los pocos faros culturales que iluminan con intensidad en Galicia con amplio prestigio nacional e internacional. Una carrera digna de elogio de más de 25 años en favor de la recuperación, conservación y difusión del patrimonio cinematográfico.

Es mucho lo construido durante estos años por lo que sería de insensatos demolerlo con la pérdida del dinero y los recursos invertidos. Exigimos que se ponga fin a esta dinámica destructiva. Consideramos que es necesario reactivar el CGAI, pero sabemos que para eso se tiene que recuperar la asignación presupuestaria necesaria para mantener el personal y los servicios para los que fue diseñado.

El erial cultural en el que se han convertido Galicia y España seguro que ha propiciado casos similares o más graves, pero un mal nunca justifica otro. Desde Acto de Primavera queremos invitar a los cinéfilos de Galicia y de todo el mundo a compartir esta nota o reflejar su desacuerdo en los comentarios como un gesto de indignación y repulsa ante este estado de abandono. También llamamos a apoyar a la Filmoteca de Galicia de la mejor manera posible: acudiendo a ella, reivindicando con su uso diario su absoluta necesidad para nuestro país. Esperamos que este grito resuene en los oídos de las autoridades pertinentes.

Acto de Primavera
Xurxo Chirro y Martin Pawley

9 comentarios:

  1. Complicado entender o cinema galego sen o CGAI. Agardemos que volva o sentidiño e non se manexe con tanta soltura a fouciña!

    ResponderEliminar
  2. Complicado entender a cultura, a secas, sen unha pata esencial como é en Galicia o CGAI, un lugar de descubrimento e coñecemento onte, hoxe e mañá.

    ResponderEliminar
  3. Pois que o berro chegue lonxe, ata ouvidos xordos!

    (Comparto o link)

    ResponderEliminar
  4. Hai cartos para todo agás para o que cheira a galego. A filmoteca galega non ía ser unha excepción. Quero continuar vendo bo cine na miña cidade e que estes pésimos xestores non malgasten, por máis tempo, os nosos impostos. Por outros 25 anos máis do CGAI, como pouco.

    ResponderEliminar
  5. Se hai algún lugar que poida considerar a miña patria cinéfila, a miña casa... ése é o CGAI. Ningún outro espacio deixou tanta pegada en min, no que son, na miña forma de ver o mundo; abriume as portas a novas formas de entender o cinema... e a vida. Agora, emigrado en Madrid desde hai anos, sigo sen atopar nada que estea a súa altura.
    Non podemos permitir que algo tan fermoso e necesario desapareza. Longa vida ao CGAI!!

    Alberto Lobelle

    ResponderEliminar
  6. Cómpre atallar a tempo o que sería unha gran desfeita cultural para Galicia.

    Non sería moito máis rendible social e máis economicamente pechar algunhas instalacións da CIDADE DA(IN)CULTURA que veu matar ao monte Gaiás (sen que tivese culpa algunha) ...e a moitos sectores culturais galegos, que teñen que funcionar coas migallas que dixa o macro-contedor (din que cultural).
    Daquela auga a prol do vello faraón...veu esta lama...!
    PROPOÑO CONSTITUÍR EN A CORUÑA NA SEMANA VINDEIRA UNHA PLATAFORMA DE APOIO AO CGAI.
    Alguén apoia a idea?
    Poderiamos espallala xa nos tres días que quedan do "S.8. Cinema periférico"...no que hai moitas persoas que poden colaborar desde outros lugares da xeografía mundial.
    MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O CGAI!

    ResponderEliminar
  7. Estou a notar que os "culturicidas"me amputan algo do meu corpo, sen anestesia algunha.
    Como doe...!

    ResponderEliminar
  8. Non sería interesante que as persoas que o desexen poidamos ASINAR UN TEXTO-MANIFESTO DE APOIO AO CGAI, sexa o que xa figura aquí ou, se preferides, outro redactado "ad hoc" con esa finalidade?
    Penso que sería unha boa achega para recoller o apoio de moitas persoas e institucións....

    ResponderEliminar
  9. Que o berro chegue lonxe. Oliver Laxe

    ResponderEliminar