Martin Pawley. Artigo completo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 24 de maio de 2025. As persoas subscritoras poden lelo completo en liña no sitio web do xornal.
sábado, 24 de maio de 2025
Planetarios, os teatros das estrelas
O 7 de maio de 1925 abriu ao público o planetario de Munich, a primeira sala especificamente deseñada para falar de astronomía por medio da simulación dun ceo estrelado. Cen anos despois hai máis de catro mil planetarios en activo en todo o mundo que asumen o seu papel central na divulgación científica mais tamén como espazos idóneos para as artes audiovisuais de vangarda. Ese espírito inspira a Casa das Ciencias da Coruña, unha referencia europea de divulgación e creación a punto de facer 40 anos.
É unha ironía do destino que os planetarios, que por culpa da contaminación luminosa son para boa parte da
humanidade o último reduto para aprender como é un ceo escuro, existan grazas ao esforzo dun home que fixo fortuna no negocio da produción e distribución de electricidade: a tecnoloxía cuxo mal uso nos roubou o firmamento real favoreceu a invención de firmamentos de mentira. O enxeñeiro alemán Oskar von Miller, pioneiro na explotación da enerxía hidroeléctrica, ía camiño dos cincuenta anos cando en 1903 matinou a posta en marcha
dun museo de ciencia que servira para expor as grandes achegas da técnica do pasado e o presente. Aquel soño foi o gromo do que emerxeu, dúas décadas despois, o Deutsches Museum de Munich, que non deixou de medrar para
presumir hoxe de ser o maior do mundo no ámbito da ciencia e a tecnoloxía. O museo empezou a existir a partir de 1906 en espazos provisionais e foi gañando prestixio como centro de coñecemento cos seus dioramas e demostracións experimentais, para ir pouco a pouco armando o obxectivo final de posuír un edificio propio á altura das ambicións. O camiño non foi sinxelo, coa Gran Guerra de por medio e os cambios radicais que
trouxo na xeopolítica mundial, mais o museo acabou por ser unha realidade en 1925, o 7 de maio, o día que Oskar von Miller facía 70 anos. E dentro do museo había un planetario, mais a fascinante historia de como se inventou comeza moito antes e tivo o cinema como inspiración (...)
sábado, 17 de maio de 2025
O caso Ico Costa
![]() |
Balane 3 (Ico Costa, 2025) | Terratreme |
Hai unhas semanas o cinema portugués foi sacudido por un correo electrónico enviado a diferentes medios e organizacións no cal unha persoa, que asina 'Joana Sousa Dias', acusaba o realizador e produtor Ico Costa de agresións verbais e físicas durante unha relación de varios meses catro anos atrás (...) O 22 de abril a mensaxe foi publicada nunha conta de Instagram e acadou unha rápida difusión; en poucas horas, o IndieLisboa
acordou retirar da súa programación o novo filme de Ico Costa, Balane 3, que tiña prevista a súa estrea nacional no festival após pasar antes polo CPH_DOX de Copenhague e o parisiense Cinéma du Réel, así como unha produción súa dirixida por unha realizadora e aínda inacabada que fora seleccionada na sección de Industria. A nota dada a coñecer no web do festival afirmaba que "perante quaisquer dúvidas que persistam, a convicção
do IndieLisboa no que diz respeito a estas situações é a de que deve ouvir as vítimas".
O realizador respondeu axiña ás acusacións para negalas totalmente. Na altura da suposta relación coa tal Joana, a quen afirma non coñecer, dixo ter unha namorada con quen conserva "uma profunda amizade". O xuízo público estaba a acontecer sobre a base dun "email anónimo, enviado por alguém cuja identidade nunca foi confirmada, e em publicações no Instagram que clamam por justiça por uma pessoa que, na verdade, não existe" (...)
Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 17 de maio de 2025, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo nesta ligazón.
xoves, 1 de maio de 2025
Los buenos antepasados
En la gran escala del tiempo somos poco más que una limadura de uñas empeñada en hacer inhabitable el planeta que nos acoge.
Martin Pawley. O artigo completo pode lerse na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 311, maio de 2025. As persoas subscritoras poden acceder á revista no seu sitio web.
* * *
![]() |
Charles Laughton en This Land is Mine (Jean Renoir, 1943) |
En Annals of the Former World, ganador en 1999 del Premio Pulitzer de no ficción, el escritor John McPhee formula una imagen que expresa de manera elocuente la importancia de la humanidad en la historia del planeta que compartimos. Si extendemos los brazos bien abiertos e imaginamos que la distancia entre las puntas de los dedos representa la historia completa de la Tierra, la presencia del ser humano equivaldría más o menos
al borde de las uñas; de un solo golpe con una lima de grano medio haríamos desaparecer toda nuestra existencia. Descubro esta comparación a través de Nacidos de las estrellas, el deslumbrante e inagotable libro de Roberto Trotta del que ya les hablé el mes pasado. El cosmólogo completa a McPhee con aliento poético: «toda la belleza y brutalidad que los humanos aportan al mundo, las pirámides y los profetas, el Empire State Building y las minas de carbón, la esclavitud y la asistencia médica universal, el fútbol y Mozart, una madre cantando una nana a su bebé y un asesino atacando al amparo de la noche, todo se disolvería en una diminuta nube de impalpable polvo de uñas» (...)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)