![]() |
Balane 3 (Ico Costa, 2025) | Terratreme |
Hai unhas semanas o cinema portugués foi sacudido por un correo electrónico enviado a diferentes medios e organizacións no cal unha persoa, que asina 'Joana Sousa Dias', acusaba o realizador e produtor Ico Costa de agresións verbais e físicas durante unha relación de varios meses catro anos atrás (...) O 22 de abril a mensaxe foi publicada nunha conta de Instagram e acadou unha rápida difusión; en poucas horas, o IndieLisboa
acordou retirar da súa programación o novo filme de Ico Costa, Balane 3, que tiña prevista a súa estrea nacional no festival após pasar antes polo CPH_DOX de Copenhague e o parisiense Cinéma du Réel, así como unha produción súa dirixida por unha realizadora e aínda inacabada que fora seleccionada na sección de Industria. A nota dada a coñecer no web do festival afirmaba que "perante quaisquer dúvidas que persistam, a convicção
do IndieLisboa no que diz respeito a estas situações é a de que deve ouvir as vítimas".
O realizador respondeu axiña ás acusacións para negalas totalmente. Na altura da suposta relación coa tal Joana, a quen afirma non coñecer, dixo ter unha namorada con quen conserva "uma profunda amizade". O xuízo público estaba a acontecer sobre a base dun "email anónimo, enviado por alguém cuja identidade nunca foi confirmada, e em publicações no Instagram que clamam por justiça por uma pessoa que, na verdade, não existe" (...)
Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 17 de maio de 2025, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario