João Nicolau fai, el si, verdadeiro cinema de barrio. É o gran poeta da
vida na cidade, o cantor das tardes longas de verán e asfalto nas que a
cabeza
soña con lugares exóticos. Tamén é o gran retratista da
adolescencia, lonxe das representacións tópicas e retorcidas da
televisión. Sempre imaxinativo e exuberante, sempre musical e festivo, o
cinema de Nicolau consegue que saiamos da sala máis felices sen ser
compracente nin facer trampas sentimentais, tan só poñendo en práctica o
humanismo máis básico: o cariño e a simpatía polos personaxes.
Nota: 9/10.
Martin Pawley
Ningún comentario:
Publicar un comentario