Páxinas
venres, 25 de marzo de 2022
A última película (Chhello Show)
xoves, 10 de marzo de 2022
Xosé Garrido: a chamada do Sur
por Miguel Castelo
Culto, responsable e esixente co seu cometido, sufría co desleixo dos que, no traballo en equipo, non o eran. Observador atento, contrariábase coa traza que nos 80, 90 e primeiros 2000 estaban a adoptar algunhas derivas da actividade cultural autóctona. Con certa frecuencia manifestaba o seu desexo de cobrar distancia, de marchar. E acabou por facelo. Un día anunciou que ía botar un tempo en Córdoba, onde lle saíra un encargo, e alí afincou. Víno de improviso nalgunha das súas escasas e fuxidías visitas á casa familiar. Ignoro se con outros amigos fixo o mesmo. A súa separación da terra natal foi rotunda. Sen dúbida era máis feliz na patria hispana dos omeyas. Tanto nun sitio como noutro, Xosé Garrido (1968-2022) deixa unha heteroxénea chea de realizacións culturais: exposicións, comisariados, filmes, publicacións diversas... Cando o pasado luns, a primeira hora da tarde, recibín doutro bo amigo a triste noticia, fiquei pampo. Quedou a nova a me dar voltas na cabeza e dei en pensar que decidira ir a Ucraína... Sempre estamos procurar argumentos para xustificar a causa da morte. Mais, ao cabo, que máis ten. Descoñezo o motivo que acabou coa vida do amigo, pero cincuenta e catro anos é hoxe unha idade moi temperá para morrer. A vida adoita ser inxusta. E, ás veces, moi cruel.
martes, 1 de marzo de 2022
Primavera temprana, otoño tardío
![]() |
Imaxe tomada do artigo de Edward Bernard Matzke |