tag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post4783492968041265868..comments2024-03-10T13:08:33.597+01:00Comments on ACTO DE PRIMAVERA: Tabu (Miguel Gomes, 2012)actodeprimaverahttp://www.blogger.com/profile/11464504172030403053noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-28024686101836913092012-05-22T16:30:07.000+02:002012-05-22T16:30:07.000+02:00Mario é o meu heroe. Personaxe marabilloso que pa...Mario é o meu heroe. Personaxe marabilloso que pasa de ser aprendiz de crego en Lisboa a alma máter dun conxunto pop en Africa. Mario é dono do suficiente "charme" para engaiolar a parte femenina dos dous mundos e faino asumindo as propias contradicións coas que carga ata o final, o mesmo que carga coa cruz regalo do seu avó, peso simbólico da súa vida.
A festa que se celebra na casa da piscina é a perfecta representación da fantasía dos ocupantes, donde todo é posible por máis que semelle irreal. Música de brancos nun territorio negro; un mozo que espanta os fantasmas golpeando o aire e o anfitrión que remata a festa con un disparo. Dá a sensación de que é algo máis profundo o que está a piques de rematar en Africa.
Mario respira liberdade viaxando co seu fillo e outros cativos compartindo risas e ledicias; sen responsabilidades paternas regresa ao tempo máis feliz, a infancia. Pero o tempo da felicidade sempre é demasiado curto e o meu heroe será a primeira víctima da traxedia que intenta evitar. O seu compromiso coa lealdade dos amigos lévao a esquencer que a única saida que ven os escravos é fuxir (e ás veces o amor deriva en escravitude).
Ollamos a secuencia final da súa morte con dolorosa sorpresa. O seu corpo morto viaxa na parte traseira do coche, espazo reservado para animais e negros... convertido en cadaleito de honra para Mario.doloresnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-14322875037578550172012-05-06T01:15:47.000+02:002012-05-06T01:15:47.000+02:00Convén insistir na excelencia do elenco do filme. ...Convén insistir na excelencia do elenco do filme. Aos xa citados no texto debo engadir o nome de Manuel Mesquita no papel de Mário.Martin Pawleyhttp://actodeprimavera.blogaliza.orgnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-69098648856082400492012-05-06T01:02:47.000+02:002012-05-06T01:02:47.000+02:00Cine para gozar, certamente. Unha primeira parte o...Cine para gozar, certamente. Unha primeira parte onde se xuntan as soedades de tres mulleres en distintas etapas da súa vida. Significativa a escea do cine onde Pilar se emociona, mentres o seu acompañante permanece á marxe durmindo. Da segunda parte destacaría a orixinalidade no desenvolvemento, mesturando varios xéneros narrativos. O mellor que teño visto desde hai tempo.Luz Delgadonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-49062530177973234582012-06-14T02:13:52.000+02:002012-06-14T02:13:52.000+02:00e aquí estou de atrevida cinéfila diletante para d...e aquí estou de atrevida cinéfila diletante para dicir, malia os 38º de febre, os recordos que me deixou esta inmensa película. Inmensa porque non me cedeu espazo para o respiro mentres a a devoraba (ou ao revés, mentres ela me engulía con sabia voracidade) e inmensa porque había tempo que unhas imaxes e unha historia, en perfecta harmonía blanquinegra, non batían o corazón e o cerebro con tanta sensibilidade.
Entusiasmoume, entusiasmoume toda ela. Cada aparición animal, o crocodilo nas augas, o can na xanela, o tucán nas follas, cada aparición animal, digo, era un acto de celebración do único, un indicio de que algo grande estaba a pasar. E o que pasaba era unha historia tan cotián que se convertía, por obra e graza de non sei que técnicas da arte, en aventura extraordinaria. O amor, a paixón por riba de todos os preconceptos e convencións convertido en personaxe omnipresente.
Non coñecía absolutamente nada deste Miguel Gomes, a miña formación cinéfila é bastante reducida, pero se este autor non está na nómina dos selectos, o meu asombro levaríame a dubidar dos criterios de valoración d*s que se adican a divulgar a sabedoría en fotogramas.
Teño gañas de máis, como cando degusto unha boa onza de chocolate belga e os xugos gástricos rebélanse se non os satisfago con outra ración. O pouso que me deixou medra en entusiasmo cos días e asáltanme secuencias e frases en situacións do máis cotián. E a mensaxe que me envían sempre empeza un 28 de dezembro.
Saúde e benvidas películas coma esta porque o soño de ter unha granxa en África xa é patrimonio da humanidade.
Apertaspaznoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-84070997774155688332012-05-19T17:23:59.000+02:002012-05-19T17:23:59.000+02:00TABU é un soño maravilloso para compartir con todo...TABU é un soño maravilloso para compartir con todos os que amamos o cinema. Un soño, si, como o que Aurora lle conta a súa amiga Pilar despois da derradeira visita ao casino. TABU é o relato urxente da memoria agotada e confusa dunha dama de outros tempos, que precisa ser mostrado (dreams don't say things, they show things) para dicirnos que ainda estamos vivos e, que ainda somos quen de vivir e crear historias.
Para min, TABU é basicamente ritmo, mais un ritmo cósmico, semellante as fases da Lúa que plano a plano nos vai suxerindo o tempo emocional dos personaxes. No prólogo a voz de Miguel Gomes é como a batuta dun director de orquestra que conduce ao intrépido explorador ata as augas pantanosas onde un crocodilo espera... Pero o explorador é un home metódico e antes de arroxarse as augas, despídese con unha reverencia xenial.
No Paraiso Perdido Aurora precisa da axuda de Pilar para pechar o seu pasado. Pilar semella non ter outra cousa que xestionar máis que a súa soedade. E logo está Santa, presenza de absoluta plenitud como actriz, que marca o punto de equilibrio no conflicto competitivo que se dá en torno ao coidado da señora. Pero a imaxe definitiva desta primeira parte é esa bágoa soiña que esvara lentamente polo rostro ainda fermoso de Ventura, despois do enterro de Aurora. Será esta a verdadeira cara do crocodilo triste e melancólico?.
Ela tiña unha facenda en Africa.....son as palabras que nos levan ao Paraiso. Ventura pon as palabras nesta historia de amor que non as precisa. Africa é a única luz que Aurora coñece, o único territorio que domina e onde é feliz casada cun home que a ama. Pero hai en Aurora algo máxico que nos atrapa; ese xeito de danzar arredor da mesa mentras as criadas limpan, a súa forma de camiñar pola sabana cando vai de caza. Aurora está xunguida á terra e ao seu ritmo e así é como xurde a verdadeira historia de amor, protexida pola maxia da natureza e ameazada polas leis dos homes.doloresnoreply@blogger.com