tag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post2150377631711777372..comments2024-03-10T13:08:33.597+01:00Comments on ACTO DE PRIMAVERA: Non hai noite tan longaactodeprimaverahttp://www.blogger.com/profile/11464504172030403053noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-42632031724262770482012-01-07T00:34:42.000+01:002012-01-07T00:34:42.000+01:00O pasado é o territorio emocional máis díficil de ...O pasado é o territorio emocional máis díficil de xestionar... E o espazo onde agochamos toda a nosa fortaleza e toda a nosa fraxilidade. Nesta novela que fala das feridas abertas, Gabriel Lamas mantén en todo momento un fluido equilibrio coas forzas do seu pasado. Dosificando o sentimento de culpabilidade polo abandono dos seres amados coa xustificación da ausencia de alternativas, vai abrindo e pechando espazos moi complexos, sen atopar moitas pedras no camiño.<br>E que decir de Elsa... Soamente que ela é a forza dos supervivientes.<br>E que contar de Milena... Que ela é o amor e a esperanza, que medra sen feridas herdadas, e que só terá que xestionar as súas propias, (quen lle han chegar ben). De Milucha xa falaremos.doloresnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1013690509462534949.post-73249183229875172162012-01-12T18:36:55.000+01:002012-01-12T18:36:55.000+01:00Ben, falemos de Milucha. Penso que en términos fic...Ben, falemos de Milucha. Penso que en términos ficcionais Milucha é un dos personaxes femeninos máis atrapados na suposta «normalidade» do sistema. Soamente a presenza de Gabriel fai que lembre (nun discurso poboado de renuncias) o fantasma do medo, sempre fisgando en todo desexo de felicidade. <br>A operación que pon en marcha para o encontro amoroso co seu pasado, paréceme ben, sempre que para ela sea unha experiencia liberadora. A resposta de Gabriel non me gustou nada. O paternalismo non é o mellor recurso para asumir os erros. Nas duas derradeiras liñas deste capítulo, eu como lectora, sentín que este home debería ficar calado. As palabras tamén fan dano.doloresnoreply@blogger.com