luns, 4 de xullo de 2016

Curtas Vila do Conde 2016


Curtas Vila do Conde 2016: Programa
O Curtas Vila do Conde regresa entre 9 e 17 de xullo unha edición máis. A través dunha programación atrevida, o festival volve a mostrar o mellor cinema contemporáneo con sesións de cinema para toda a familia, filmes-concerto, exposicións, debates, festas e moito máis. Os primeiros días de xullo, o inicio do verán ten un lugar de paso obrigatorio. O programa completo xa está dispoñíbel no xornal do festival (PDF, 3,7 MB).

Curtinhas para os máis novos

O Curtinhas, a sección para os máis novos do Curtas Vila do Conde, arranca o 9 de xullo coa exhibición do novo filme da Disney/Pixar Á Procura de Dory. Esta sección do festival conta tamén cunha competición de filmes, o Espazo Infantil Brincar ao Cinema e diversas actividades en torno ás imaxes en movemento.

"Do Río das Pérolas ao Ave"

De 2 de xullo a 25 de setembro, a Solar - Galeria de Arte Cinemática presenta "Do Río das Pérolas ao Ave", de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata. A exposición terá unha programación paralela de cinema no 24º Curtas Vila do Conde, de 9 a 17 de xullo, onde o dúo de realizadores vai presentar unha misteriosa e histórica carta branca. [Noticia no xornal Público]

Música e Cinema no Stereo

A programación do Curtas volta a dar destaque á intersección entre o cinema e a música. En 2016, o festival presenta filmes-concerto de Tindersticks, Jay-Jay Johanson, The Legendary Tigerman con Rita Lino e Pedro Maia e The Greg Foat Group.

In Focus: Borderline Films
O Curtas Vila do Conde dedica unha retrospectiva a un dos colectivos máis interesantes do cinema indie americano, a Borderline Films. Neste foco serán exhibidos filmes como James White, Martha Marcy May Marlene e Simon Killer.

Ensaios Audiovisuais

O Curtas dedica tres sesións con algúns dos mellores exemplares dos ensaios audiovisuais con filmes de autores como Bruce Conner, Matthias Müller, Martin Arnold, Jean-Luc Godard, Mark Rappaport, ::kogonada, Kevin B. Lee, Tony Zhou, Thomas Elsaesser ou Adrian Martin.

Festas do Curtas Vila do Conde!

Ao final das sesións, as festas do Curtas Vila do Conde xuntarán os convidados do festival en momentos de convívio e diversión en tres espazos da cidade: Café do Parque, Cacao Café-Bar e Barcearia 1º Piso ao son dos 7 Magníficos, Alfredo (Sensible Soccers), Bongo Tonto!, A Boy Named Súe e Sérgio Gomes/Breaks lda., entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario