luns, 13 de xuño de 2011

Juan Farias (1935-2011)

Morreu Juan Farias, escritor galego, señor da LIX e do mar.



Moitos anos antes, máis dun cento,
antes dunha guerra
que houbo na area, lonxe,
unha guerra contra os mouros
non sei por que, pero hóuboa,
en tempos revoltos,
un día de marzo, ventando ao oeste,
á hora de partir as lebres,
cando o tolo aínda era un case nada
graxento, aínda sen lavar,
luxado de líquido amniótico,
cando aínda se laiaba,
o pai deu un berro de macho
e correu a celebralo,
embebedouse, e non era para menos.
-Se é teu, felicítote -díxolle un coñecido.
-Tanto ten -dixo o pai-.
Se non é meu é da miña vaca
e vai tirar do meu carro.


O tolo da ría, Juan Farias. Tradución ao galego de Isabel Soto e Xavier Senín (Ed. Tambre)

Ningún comentario:

Publicar un comentario