martes, 21 de xuño de 2011

Despedido o director da Quincena de Realizadores, Frédéric Boyer

A revista Telerama faise eco xa do cesamento de Frédéric Boyer como Delegado Xeral da Quincena de Realizadores de Cannes. Segundo o artigo, o copresidente da Société des Réalisateurs de Films, Chantal Richard, cita como causas de fondo "un problème de relation avec l'homme", mais tamén parecen estar presentes as críticas recibidas pola programación da Quinzaine tras a saída de Olivier Père, e en particular este ano, especialmente duro pola competencia das outras sección do Festival de Cannes, incluída a Semana da Crítica que lle roubou no último momento un dos filmes estrela desta edición, a película de Valérie Donzelli co título (certamente premonitorio) La Guerre est déclarée.

Ningún comentario:

Publicar un comentario