sábado, 5 de marzo de 2011

O director do Festival de Sitges, acusado de exhibir pornografía infantil

Segundo informa hoxe El País, a Fiscalía de Barcelona denunciou a Ángel Sala como director do Festival de Sitges por un delicto de pornografía infantil a causa da exhibición no certame de A Serbian Film, diirixida por Srđan Spasojević, que conta a historia dun actor porno que accede ao misterioso convite que lle fan para participar nun filme e acaba descubrindo que se trata dunha brutal snuff movie. Unha escena amosa a violación dun bebé recén nacido e noutra o protagonista viola ao seu fillo de cinco anos; non fai falla dicir que se trata dunha fita de ficción e que as escenas son pura simulación (cutre, burda e impertinente, ademais). A acusación da fiscalía está baseada no artigo 189.7 do Código Penal, que di isto:

Será castigado con la pena de prisión de tres meses a un año o multa de seis meses a dos años el que produjere, vendiere, distribuyere, exhibiere o facilitare por cualquier medio material pornográfico en el que no habiendo sido utilizados directamente menores o incapaces, se emplee su voz o imagen alterada o modificada.


A cuestión esencial é o que o fiscal poida entender por "material pornográfico"; para min resulta evidente que o feito pornográfico está relacionado máis coa intención das imaxes que co seu contido, de tal maneira que un mesmo acto pode ser filmado unicamente para producir excitación ou pracer sexual, ou cun obxectivo completamente diferente (narrativo, moral, etc). É pornográfica a durísima secuencia da violación de Monica Belluci na incomodísima e -esta si- valiosa Irréversible de Gaspar Noé? Eu diría que non, en absoluto.

Uns meses despois da prohibición do seu pase na Semana de Cine Fantástico y de Terror de Donostia, temos outra resposta histérica ante un filme ridículo, cinematograficamente irrelevante. Damos vergoña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario